Tholos del Romeral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°2′4″N 4°32′8″O / 37.03444, -4.53556

Lousa do teito.

O tholos del Romeral é unha construción megalítica do 1800 antes da era actual situada en Antequera. Forma parte do conxunto megalítico xunto co dolmen de Menga e dolmen de Viera. Está situado a uns 4 km deles. Todos foron construídos cunha diferenza duns 700 anos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta da cámara.

Foi descuberto polos irmáns Viera a principios do século XX, o dolmen del Romeral non era coñecido ata entón. Ten un corredor con 11 grandes lousas no teito. O corredor de 26,3 m de lonxitude, 1,5 metros de anchura e unha altura de menos de dous metros ata unha cámara final seguida doutra máis pequena. O teito da cámara de base circular é unha falsa bóveda, constituída con pequenas pedras superpostas en capas sucesivas ata case pechar o teito que ten sobre el unha lousa. O diámetro inicial é de 5,20 metros no chan e no teito 2,20 metros. A altura total da cámara é duns catro metros. Na pequena cámara final atopáronse restos humáns. Está elevada 70 cm sobre a primeira e desviada uns 10 grados dela. Esta pequena cámara ten 2,34 metros na base e un metro no alto, tamén pechado o teito cunha lousa. A altura máxina é de 2,40 metros. A orientación é acimut de 199º, octante S-SO do horizonte[1]. O dolmén está baixo un túmulo duns 80 metros de diámetro e 10 metros de altura[2].

Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tholos de el Romeral
  2. "Dolmen de El Romeral, Antequera, Málaga.". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2021. Consultado o 13 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Juan Fernández Ruiz e José Enrique Márquez Romero. Dólmenes de Antequera guía oficial del conjunto arqueológico. Xunta de Andalucía. ISBN 978-84-8266-865-9, 220 páxinas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]