This Is England

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
This Is England
Título orixinal This Is England
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Shane Meadows
Produtor Mark Herbert
Guión Shane Meadows
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Thomas Turgoose
Joseph Gilgun
Andrew Shim
Vicky McClure
Stephen Graham
Jo Hartley
Chanel Cresswell
Rosamund Hanson
Música Ludovico Einaudi
Fotografía Gonzalo Fernández Berridi
Montaxe Chris Wyatt
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 2007
Duración 100 min.
País Inglaterra
Xénero Social, drama
Orzamento US$ 1.000.000
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

This Is England (en galego, Isto é Inglaterra) é un filme rodado no 2006, estreado no 2007, escrito e dirixido por Shane Meadows. É un exemplo de cine independente e social inglés, que mostra o movemento skinhead desde un punto de vista antirracista.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

O argumento está ambientado na Inglaterra dos anos oitenta, na época da Guerra das Malvinas, onde un rapaz de 12 anos chamado Shaun (Thomas Turgoose), perde o seu pai na guerra e múdase de cidade.

A vida a Shaun na nova cidade non lle agrada moito, xa que sempre lea cos compañeiros de clase que se mofan do seu aspecto e do seu defunto pai. Un día, Shaun coñece a una banda de mozos skinhead encabezada por Woody. Os membros, ao velo tan abatido, deciden animalo e adóptano na súa banda. A partir dese momento, o cativo participa nas esmorgas dos mozos. Entón Shaun decide converterse nun skinhead coma eles.

Semanas despois aparece Combo, un antigo membro da banda, que logo de tres anos no cárcere se presenta con ideas nacionalistas racistas, e a partir de aí, divídense entre os membros que teñen ideais antirracistas e os que seguen as ideas de Combo. Shaun, convencido polas palabras de Combo, que se aproveita da tristeza que este sofre pola morte do seu pai nas Malvinas, decide ficar ao lado do novo líder para "loitar polo orgullo de seu pai", mais co tempo darase conta do erro cometido.

Nunha noite, Combo, despois de fumar [Cánnabis (droga)|porros]] que lle mercara a Milky (o único negro do grupo) canda el, Shaun e outros máis; comeza a golpealo con rabia até deixalo inconsciente, aínda que ao final lle entra o remorso e o leva ao hospital coa axuda dos outros.

Na fin da película Shaun tira a bandeira da cruz de San Xurxo ao mar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]