Thirasia - Θηρασία
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Thirasia - Θηρασία | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Manolas |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 268 hab. |
| Superficie | 9´299 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 36°26′N 25°20′E / 36.433°N 25.333°E |
| Maior Altura | 295 m. |
| Localización | |
Thirasia, tamén coñecida como Therasia (grego: Θηρασία), é unha pequena illa grega ao oeste de Santorini nas Cícladas. A poboación era de 268 habitantes no censo de 2001. Ten unha superficie de 9´299 km². A Illa é parte da comunidade de Oia (Κοινότητα Οίας).
Formaba parte dunha antiga illa redonda que tras a erupción volcánica do Thera partiuse en dous formando a actual configuración xeográfica do arquipélago, coa illa de Santorini, forman o cono volcánico.
Aldeas [editar]
- Agia Eirini (poboación 89)
- Agrilia (0)
- Ormos Korfou (2)
- Potamos (30)
- Thirasia (147)
Ligazóns externs [editar]
- Official website (en alemán) (en inglés) (en francés)