Thin Film Transistor
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa informática que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Cando falamos de TFT normalmente referímonos aos monitores ou pantallas que usan esta tecnoloxía. TFT son as siglas de Thin Film Transistor. É unha tecnoloxía usada nas pantallas planas (LCD) que consiste nun transistor por cada píxel que ten a pantalla, deste modo lógrase unha gran calidade de imaxe, pero ten como punto contraditorio o alto prezo que teñen os monitores ou pantallas con esta tecnoloxía.