Thermus thermophilus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thermus thermophilus é unha especie de bacteria gramnegativa do filo Deinococcus-Thermus usada en diversas aplicacións biotecnolóxicas, como organismo modelo para a manipulación xenética, xenómica estrutural, e bioloxía de sistemas. É un bacilo aeróbico que contén un pigmento amarelo. A bacteria é extremadamente termófila, cunha temperatura óptima de crecemento duns 65 °C. T. thermophilus foi illada orixinalmente nunha fonte termal continental en Izu, Xapón por Tairo Oshima e Kazutomo Imahori. Inicialmente fora denominada Flavobacterium thermophilum e despois foi transferida ao xénero Thermus.[1] O organismo tamén é importante na degradación de materiais orgánicos na fase termoxénica da compostaxe.[2] Existen varias cepas de T. thermophilus, das cales as máis utilizadas nos laboratorios son a HB8 e a HB27. As análises xenómicas destas cepas completáronse independentemente en 2004.[3]

Aplicacións biotecnolóxicas dos seus encimas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oshima & Imahori; Imahori, K. (1974). "Description of Thermus thermophilus (Yoshida and Oshima) comb. nov., a nonsporulating thermophilic bacterium from Japanese thermal spa.". Int J Syst Bacteriol. 24: 102–112. doi:10.1099/00207713-24-1-102. 
  2. Beffa, T; Blanc, M; Lyon, PF; Vogt, G; Marchiani, M; Fischer, JL; Aragno, M (1996). "Isolation of Thermus strains from hot composts (60 °C-80 °C)". Appl. Environ. Microbiol. 62 (5): 1723–1727. PMC 167946. PMID 8633870. 
  3. Henne A; et al. (May 2004). "The genome sequence of the extreme thermophile Thermus thermophilus". Nat Biotechnol. 22 (5): 547–53. PMID 15064768. doi:10.1038/nbt956. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]