Theoretical Girls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theoretical Girls
OrixeNova York,
Período1977 - 1981
Xénero(s)no wave
MembrosGlenn Branca
Jeff Lohn
Wharton Tiers<brMargaret DeWys
Na rede
Musicbrainz: 4602eb3b-a56a-41f2-97a6-ea2cd0230b0c Songkick: 165016 Discogs: 125108 Editar o valor em Wikidata

Theoretical Girls foi unha banda de no wave de Nova York formada por Glenn Branca e Jeff Lohn, activa dende 1977 ata 1981.

Historia[editar | editar a fonte]

Theoretical Girls realizou só ao redor de 20 concertos (tres deles tiveron lugar en París). Editou un sinxelo que gañou certa atención en Inglaterra, onde vendeu varios miles de copias, pero a banda nunca asinou cun selo discográfico.

Theoretical Girls estivo entre as bandas máis enigmáticas dos grupos de no wave de Nova York de finais dos anos 70, que non foi famosa pola súa música ao editar un único sinxelo na súa breve existencia, senón por lanzar a carreira de dous dos músicos experimentais máis coñecidos da cidade, o compositor Glenn Branca e o produtor Wharton Tiers. O grupo tamén contaba coa teclista Margaret DeWys e o vocalista/guitarrista Jeffrey Lohn, un compositor de formación clásica que, ao igual que Branca e moitos outros da escena no wave scene, non estivo interesado en traballar na música popular ata a irrupción do punk rock. O son do grupo compartía a estética doutras bandas de no wave precedentes de Manhattan nese tempo, como Contortions e DNA. O son da banda, ás veces divertido e agresivo, amosa influencias de compositores minimalistas estadounidense, e os seus temas van dende pezas dispersas ata ritmos estrepitosos, cun son abrasivo de art-punk noise, lembrando aos Sonic Youth de principios dos 80.

Dúas gravacións posteriores á súa disolución apareceron en anos recentes, axudando a preservar o legado da banda. A primeira foi editada por Atavistic en 1997, e consiste en todos os temas compostos por Glenn Branca, includída a cara-b do seu único sinxelo, "You Got Me". A cara-a, "U.S. Millie," aparece nunha noca colección de cancións de Theoretical Girls compostas por Lohn. Este recomplatorio debe a súa existencia a propietario de Acute Records Daniel Selzer, que pasou varios anos colaborando con Lohn para xuntar as cancións, traballando con cintas de mala calidade dos ensaios e gravacións ao vivo.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • "You Got Me" (Branca)/"U.S. Millie" (Lohn) sinxelo de 7" (Theoretical Records, 1978)
  • Branca: The Static & Theoretical Girls: Songs '77-'79 (Atavistic Records, 1996)
  • Theoretical Girls: Theoretical Record (Acute Records, 2002)