Theodoros Katsanevas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theodoros Katsanevas
Nacemento13 de marzo de 1947
Lugar de nacementoAtenas
Falecemento8 de maio de 2021
Lugar de falecementoAtenas
CausaCOVID-19
NacionalidadeGrecia
EtniaGregos
Alma máterUniversity of Piraeus, Universidade de Warwick e London School of Economics
Ocupaciónpolítico, escritor, profesor universitario e economista
CónxuxeSofia Papandreou
Na rede
http://www.unipi.gr/katsanevas
WikiTree: Κατσανέβας-1
editar datos en Wikidata ]

Theodoros Katsanevas (en grego: Θεόδωρος Κατσανέβας), nado en Atenas oo 13 de marzo de 1947, é un político grego. Foi presidente da "Organización grega para o emprego de man de obra" (Οργανισός Απασχόλησης Εργατικού Δυναμικού , OAED) desde 1981 até 1985 e do Instituto de Seguridade Social (Ίδρυμα Κοινωνικών Ασφαλίσεων, IKA) desde 1985 até 1989. Tamén foi deputado polo PASOK (Movemento Socialista Panhelénico) desde 1989 até 2004[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse en Economía na Universidade do Pireo, obtivo unha mestría en Relacións Industriais na Universidade de Warwick e un doutoramento en economía no sector laboral na Escola de Economía e Ciencia Política de Londres. Participou na resistencia contra o réxime dos coroneis, e foi un dos fundadores do PASOK.

En 1981, foi un dos redactores do programa de goberno de Andreas Papandreu e foi nomeado á organización estatal do emprego, a Organización grega para o emprego de man de obra. A continuación, pasa ao "Instituto de Seguridade Social" en 1985. En 1989, foi elixido no segundo distrito de Atenas polo PASOK , do cal foi representante até o 2004. Nese ano, el e outros oito deputados foron excluídos oficialmente de candidaturas por parte do propio partido[2].

O fundador do PASOK, Andreas Papandreu, sogro de Katsanevas, cunha nota no seu testamento aberto en setembro de 1996, chamouno "a vergoña da familia"[3][4][5]. En 1998, o xornalista Spyros Karatzaferis publicou no xornal Athinaiki (Αθηναϊκή) unha foto de Katsanevas coa lenda "vergoña" (Όνειδος, òneidos). Por esta razón, en 2003, Karatzaferis foi declarado culpable de difamación por un tribunal ateniense e condenado a unha compensación de 10 millóns de dracmas (uns 30.000 euros)[1][6].

Andreas Papandreou, sogro de Katsanevas.

O 1 de maio de 2013 , fundou un novo movemento, Dracma - Movemento Democrático Grego Cinco Estrelas (ΔΡΑΧΜΗ, Ελληνική Δημοκρατική Κίνηση Πέντε Αστέρων), que se inspira no italiano Movemento 5 Estrelas.[7][8] En 2014, unha historia similar á de 1998, Katsanevas pediu unha indemnización de 200 000 euros e unha pena dun ano de prisión para un administrador de Wikipedia en grego, acusándoo de non eliminar partes de textos difamatorios[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Κώστας Εφήμερος (13 febreiro de 2014). "How a Greek politician is attempting to rewrite history by suing Wikipedia, the online encyclopedia he doesn't understand" (en inglés). ThePressProject.net. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2014. Consultado o 14 febreiro de 2014. 
  2. "Εκτός ψηφοδελτίων ΠΑΣΟΚ οι «εννέα» που υπέγραψαν την τροπολογία για το Πόρτο Καρράς" (en grego). In.gr. 23 xaneiro de 2004. Consultado o 13 febreiro 2014. 
  3. Antonio Ferrari (21 setembro de 1996). "Atene: il fattore Mimi' s'abbatte sul voto". Correr della Sera (en italiano). p. 11. Consultado o 14 febreiro de 2014. 
  4. M. M. (23 setembro de 1996). "I veleni dei Dimitra". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 20 de abril de 2020. 
  5. "Katsanevas Papandreou: Disinherited children contest Papandreou's will Greek premier had left entire estate to widow - Baltimore Sun" (en inglés). The Baltimore Sun. 29-09-1996. Arquivado dende o orixinal o 15-02-2014. Consultado o 15 febreiro de 2014. 
  6. "Συνέλαβαν τον Σ. Καρατζαφέρη για χρέος στον Κατσανέβα" (en grego). enet.org. 17 maio de 2003. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 14 febreiro de 2014. 
  7. Ettore Livini (6 mayo de 2013). "Grillo fa proseliti in Grecia: via al partito "Dracma 5 stelle"". repubblica.it (en italiano). Consultado o 14 febreiro de 2014. 
  8. Gabriele Vallin (20 maio de 2013). "Grecia: nasce Drachma Movimento democratico Cinque Stelle, il Beppe Grillo greco: "Basta austerità, torniamo alla nostra moneta"" (en italiano). Consultado o 15 febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]