Theodor von Reding

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Theodor von Reding por Theodor von Deschwanden, 1826-1861)

Theodor von Reding von Biberegg, nado o 3 de xullo de 1755 en Schwyz e finado o 23 de abril de 1809 en Tarragona, foi un militar e xeneral suizo que participou na Guerra da Independencia ao servizo do exército español. Era irmán do político suízo Alois von Reding.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 22 de outubro de 1772 ingresou, con só 16 anos, no exercito español. Baixo o mando do xeneral Castas xogou un decisivo papel en xullo de 1808 como tenente xeneral na batalla de Bailén. Rompeu á cabeza do Rexemento suízo o ito da invencibilidade dos exércitos franceses napoleónicos.

Foi enviado logo a Cataluña como Gobernador de Tarragona e Capitán xeneral do Principado. Combatiría contra as tropas napoleónicas do xeneral Saint-Cyr.

Ambos xenerais enfrontaríanse durante o Sitio de Rosas desde o 6 novembro até o 5 de decembro de 1808; na batalla de Llinars o 16 e na batalla de Molins de Rei o 21 de decembro de 1808. Durante a batalla de Valls, o 25 de febreiro de 1809, Theodor von Reding recibiu un golpe cun sable no seu brazo esquerdo, retirándose con o resto das súas tropas para Tarragona. Saint-Cyr iniciou un asedio sobre a cidade, chegando a ofrecer a Reding o inicio de conversas con vistas a unha capitulación, mais este refusou.

entres Theodor von Reding elaboraba novos planos para organizar as súas tropas, caeu enfermo de febres en marzo de 1809. O 23 de abril de 1809 faleceu a consecuencias desas febres provocadas na batalla.

Foi enterrado na catedral de Tarragona, sendo exhumados os seus restos e trasladados para un novo cemiterio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]