The Talented Mr. Ripley (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Talented Mr. Ripley
Título orixinal The Talented Mr. Ripley
Autor Patricia Highsmith
País Estados Unidos
Lingua inglés
Colección Ripliad
Xénero(s) Novela negra
Editorial McCann (EUA) &
Cresset Press (R.U.)
Data de pub. 1955
Seguido por Ripley Under Ground


The Talented Mr. Ripley é unha novela de 1955 escrita por Patricia Highsmith. É a primeira da saga protagonizada por Tom Ripley (coñecida como "the Ripliad", continuada nas novelas Ripley Under Ground, Ripley's Game, The Boy Who Followed Ripley e Ripley Under Water.

Argumento[editar | editar a fonte]

Tom Ripley é un mozo que vive en New York, sen ambicións pero cun talento especial para sobrevivir facendo o que faga falta. É requerido polo magnate da construción naval Herbert Greenleaf para ir a Italia a persuadir ó seu fillo errante, Dickie, de que regrese aos EUA e volva ao negocio familiar. Tom ve isto como unha oportunidade. Ao pouco de chegar a Italia vai xunto Dickie e coñece a súa amiga Marge Sherwood, e axiña se integra coa parella. Porén, Marge comeza a sospeitar de Ripley, e Dickie comeza a cansar del e da súa presenza constante e crecente dependencia. O propio Tom decátase de que os ánimos son complicados polo seu desexo de manter o seu novo estilo de vida.

Como un xesto cara a Tom, Dickie accede a viaxar con el nunha pequena escapada a San Remo. Alí alugan un pequeno bote, e Tom asasina a Dickie a bordo. Tira o corpo pola borda, asido á áncora, e afunde o bote.

Tom asume a identidade de Dickie, vivindo dos seus cartos e escribíndolle a Marge para dicirlle que necesita estar un tempo lonxe dela. Freddie Miles, un vello amigo de Dickie, vísitao no seu apartamento de Roma, pero axiña sospeita da presenza de Tom, e este acaba matando a Freddie. A existencia de Tom convértese nun xogo do gato e o can coa policía italiana, e Tom acaba por recuperar a súa identidade e mudarse a Venecia. Posteriormente Marge, o pai de Dickie e un detective contratado por este falan con Tom. Plantéxase matar a Marge, pero tras comprobar que cren a súa historia decide evitar complicacións. Tom viaxa a Grecia tras facer crer ao pai de Dickie que este lle deixara as súas posesións no testamento. Ao chegar a Atenas comproba que creran a súa historia e que aceptaran a desaparición de Dickie, así como o legado persoal a Tom, que redactara o propio Tom na máquina de escribir do defunto. O libro remata con Tom rico, pero achuchado pola paranoia; nos parágrafos finais asume que vai sospeitar que os policías o van estar agardando en calquera lugar que vaia.

Premios[editar | editar a fonte]

A novela reportoiu á autora o Premio Edgar Allan Poe dos Mystery Writers of America (escritores de misterio dos Estados Unidos).

Adaptations[editar | editar a fonte]