The Storyteller
| The Storyteller | |
|---|---|
| Formato | Infantil |
| Creado por | Jim Henson |
| Desenvolvido por | Anthony Minghella |
| Intérpretes | John Hurt como o contacontos (Michael Gambon, nos mitos gregos) Brian Henson como o cadelo |
| Tema de apertura | Rachel Portman |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Inglés |
| Número de episodios | 9 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Duncan Kenworthy |
| Localización(s) | Elstree Studios |
| Duración | 22 minutos |
| Distribuidor | Henson Associates TVS Television |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | HBO (USA) VARA (Países Baixos) |
| Formato de imaxe | PAL |
| Tempo de emisión | 15 de maio - 10 de xullo de 1988 |
The Storyteller é unha serie de televisión de acción en vivo e de marionetas. É unha coprodución británico/americana que foi orixinalmente estreada en 1988 e foi creada e producida por Jim Henson.[1]
Algúns dos episodios de The StoryTeller foron incluídos na The Jim Henson Hour.
Índice |
Argumento [editar]
Na serie nárranse varios contos folclóricos europeos, particularmente os considerados como "escuros" na cultura occidental, que son recreados cunha combinación de actores e marionetas. Os episodios comezan cun vello narrador (John Hurt) sentado ó carón do lume, narrando cada conto tanto ós espectadores como ó seu can (un boneco de aparencia realista coa voz de Brian Henson). O narrador emprega a linguaxe e un estilo tradicional acordo con vellos contos populares.[2]
Lista de episodios [editar]
Primeira serie [editar]
- Hans My Hedgehog
- Fearnot
- A Story Short
- The Luck Child
- The Soldier and Death
- The True Bride
- The Three Ravens
- Sapsorrow
- The Heartless Giant
Segunda serie [editar]
Jim Henson fixo outra serie de episodios, chamada The StoryTeller: Greek Myths, presentados por outro actor, Michael Gambon, pero co mesmo can. O narrador conta as súas historias dende o interior do Labirinto de Creta, ó que é arroxado como castigo por ladrón. Só se realizaron catro episodios.
- Daedalus and Icarus
- Orpheus and Eurydice
- Perseus and the Gorgon
- Theseus and the Minotaur
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 1988: 2 nomeamentos ós Emmy: Mellor programa infantil (dous episodios).
- 1988: 2 premios BAFTA: Programa infantil, vestiario. Nomeado á mellor maquillaxe.
- 1987: premio Emmy: Mellor programa infantil.
Notas [editar]
- ↑ Clark, Kenneth R (April 10, 1988). "Storyteller Is Back, As 'Luck' Would Have It". Chicago Tribune. http://articles.chicagotribune.com/1988-04-10/entertainment/8803070513_1_fairy-tale-storyteller-grimm. Consultado o 2010-10-19.
- ↑ Goodman, Walter (January 30, 1987). "TV WEEKEND; JOHN HURT STARS IN 'THE STORYTELLER'". The New York Times. http://www.nytimes.com/1987/01/30/arts/tv-weekend-john-hurt-stars-in-the-storyteller.html?pagewanted=1. Consultado o 2010-10-19.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)