The Slits

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Slits
The Slits 2006-11-12.jpg
Orixe Londres, Inglaterra Flag of England.svg
Período 1976-1981, 2006-
Xénero(s) punk rock, post-punk

The Slits é unha banda inglesa de punk rock composta integramente por mulleres. O cuarteto formouse en 1976 con parte dos membros das bandas The Flowers of Romance e The Castrators. A súa primeira formación estaba composta por Ari Up (Arianna Forster), Palmolive (Paloma Romera), Kate Horus e Suzy Gutsy. A formación sofreu numerosos cambios dende 1976 ata a 1981 data da súa separación. No ano 2006 a banda saíu de xira polos Estados Unidos despois de 25 anos sen actividade, sendo Ari Up a única que permanece do cuarteto inicial.