The Red Tree

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Red Tree (en galego A árbore vermella) é un libro escrito e ilustrado por Shaun Tan, publicado no ano 2001.[Cómpre referencia]

Resumo[editar | editar a fonte]

É un libro de imaxes que presentan unha viaxe a través dun fragmentado mundo escuro. As ilustracións son surrealistas. O texto é escaso e concorda coas ilustracións escuras. A historia baséase en imaxes inspiradas pola experiencia da depresión. A personaxe principal é unha solitaria nena pelirroxa. Unha vermella folla de árbore persegue a rapaza durante todo un día e con isto a rapaza declarase como se sente e representa as súas preocupacións. Case non se aprecia pero cada cadro é unha folla vermella que simboliza a esperanza. Ao final a pequena rapaza esta sorrindo nunha fermosa follaxe da árbore de cor vermella que medra na súa habitación. Neste libro o autor aborda tamén temas como a inmigración e outras culturas.