The Pagemaster
| The Pagemaster | |
|---|---|
| Título orixinal | The Pagemaster |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Joe Johnston Maurice Hunt Glenn Chaika |
| Produtor | David Kirschner Paul Gertz |
| Guión | David Casci David Kirschner Ernie Contreras |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Macaulay Culkin Christopher Lloyd Ed Begley, Jr. Mel Harris Patrick Stewart Whoopi Goldberg Frank Welker Leonard Nimoy George Hearn Phil Hartman Jim Cummings |
| Música | James Horner |
| Fotografía | Alexander Gruszynski |
| Montaxe | Kaja Fehr |
| Estudio | Turner Pictures |
| Distribuidor | 20th Century Fox (USA) Turner Entertainment (Internacional) Columbia TriStar (RU VHS) Warner Bros. (Dereitos de Distribución Internacionais) |
| Ano | 1994 |
| Duración | 76 minutos |
| País | |
| Xénero | Aventuras, Animación |
| Orzamento | $21.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The Pagemaster é un filme de animación e fantasía protagonizado por Macaulay Culkin, Christopher Lloyd, Patrick Stewart, Whoopi Goldberg, Frank Welker e Leonard Nimoy. O filme foi dirixido por Joe Johnston (na parte non animada) e por Glenn Chaika (na animación).
Índice |
Argumento[editar]
Richard Tyler, un neno de 10 anos de idade, vive obsesionado polas estatísticas e ten medo practicamente a todo. Os seus pais exasperado tentaron varias formas de darlle valentía ó seu fillo, pero teñen pouco éxito. O pai de Richard mandao mercar unha bolsa de cravos para que el poida construír unha casa na árbore. Pero Richard vese atrapado nunha treboada e refúxiase na biblioteca. Alí coñece ó Sr. Dewey, un excéntrico bibliotecario que procura rapidamente un libro axeitado para Richard e dalle un carné de biblioteca. Sen embargo Richard non quere ningún libro; só quere chamar ós seus pais e voltar para casa. O Sr. Dewey indícalle ó rapaz onde hai un teléfono. Richard vaga polos corredores buscándoo, ata que da cunha gran rotonda, cuxa bóveda está pintada con personaxes de ficción clásicos. Richard non se decata da auga que pinga dende o seu abrigo, e ó moverse cae dando ca cabeza no chan e queda inconsciente. Cando esperta, atopa as pinturas da rotonda desfacéndose, chorreando e formando unha onda de cor que o transforma a el e á biblioteca en debuxos.
Richard é abordado polo Gardián das Palabras, que o envía a unha viaxe na sección de ficción para atopar a "saída". Ó longo do camiño, Richard faise amigo de tres libros "humanizados"; Aventura, un libro pirata; Fantasía, un libro de contos de fadas; e Terror, un libro de medo. Os tres acordan axudar a Richard a atopar a saída se lles promete sacalos da biblioteca co seu carné.
Personaxes[editar]
- Macaulay Culkin como Richard Tyler.
- Christopher Lloyd como Mr. Dewey/The Pagemaster.
- Ed Begley, Jr. como Alan Tyler (o pai de Richard).
- Mel Harris como Claire Tyler (a nai de Richard).
- Patrick Stewart como Aventura.
- Whoopi Goldberg como Fantasía.
- Frank Welker como Terror.
- Leonard Nimoy como Dr. Jekyll e Mr. Hyde.
- George Hearn como Capitán Acab de Moby Dick.
- Jim Cummings como Long John Silver.
- Phil Hartman como Tom Morgan.
- Ed Gilbert como George Merry.
- Betty Jean Ward como The Queen of Hearts.
- Dorian Harewood, Richard Erdman, Fernando Escandon, e Robert Picardo como diversos piratas.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)