The Office (NBC)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa televisión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
The Office é unha serie de televisión estadounidense, unha comedia satírica rodada como se fose un documental ideada por Greg Daniels como unha adaptación da serie The Office da BBC. Emítese pola NBC desde o 24 de marzo de 2005.
A serie describe a vida dos empregados da Dunder Mifflin Paper Company, unha empresa ficticia situada en Scranton, Pensilvania. A serie está coproducida por Deedle-Dee Productions e Reveille Productions, en asociación con NBC Universal Television Studio.