The Odessa File

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Odessa File é unha novela de intriga escrita por Frederick Forsyth, publicada en 1972, sobre unha loita entre un reporteiro alemán e ODESSA, unha organización secreta para nazis.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A historia comeza o 22 de novembro de 1963, o día no que John F. Kennedy foi matado. Un reporteiro de 29 anos alemán mira unha ambulancia nunha estrada. Persegue á ambulancia e descobre que leva a un ancián xudeu, sobrevivinte do holocausto, que se acababa de suicidar. O reporteiro obtén o diario do home, que contén información sobre a súa vida nos campos de concentración da Segunda Guerra Mundial, e os nomes dos membros das SS que controlaron os campos. El proponse cazar un nazi que é mencionado no diario, non só para ter tema para unha portada sensacionalista, senón tamén por unha razón persoal máis seria: seu pai, un capitán sumamente condecorado da Wehrmacht, foi executado a tiros por un oficial das SS durante un altercado de guerra.

Simon Wiesenthal, investigador histórico da vida de criminais nazis de guerra, ten unha breve aparición como personaxe na novela.