The O'Rahilly
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Joseph O'Rahilly, coñecido comunmente coma The O'Rahilly, nado en Ballylongford, condado de Kerry, o 22 de abril de 1875 e finado en Dublín o 29 de abril de 1916, foi un político e revolucionario irlandés.
Traxectoria [editar]
Aderido dende moi novo á causa republicana e nacionalista irlandesa, viaxou longamente por Estados Unidos e Europa antes de se asentar definitivamente en Dublín. Foi membro fundador dos Voluntarios Irlandeses e líder da súa sección paramilitar. Xunto con Eoin MacNeill e Bulmer Hobson opúxose ao Alzamento de Pascua. Porén, cando a rebelión estalou optou finalmente por se unir a ela, falecendo no transcurso dos combates.