The National
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The National | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Cincinnati, Ohio, |
| Período | 1999 - actualidade |
| Xénero(s) | indie rock, post-punk revival, chamber rock |
| Selo(s) discográfico(s) | 4AD, Beggars Banquet, Brassland |
| Membros | Matt Berninger Aaron Dessner Bryce Dessner Bryan Devendorf Scott Devendorf |
| Antigos membros | |
| Web oficial | americanmary.com |
The National é unha banda estadounidense de indie rock formada en Cincinnati, Ohio no ano 1999, aínda que na actualidade está baseada en Brooklyn, Nova York. As letras do grupo están escritas e cantadas por Matt Berninger. O resto de The National está composto por dous pares de irmáns: Aaron (guitarra e teclados) e Bryce Dessner (guitarra), e Scott (baixo) e Bryan Devendorf (batería). The National ten sido comparada con Joy Division, Leonard Cohen, Wilco e Nick Cave & the Bad Seeds. O nome da banda foi escollido porque "non significaba nada" e era "benigno e carente de sentido".
Índice |
Discografía[editar]
Álbums de estudio[editar]
- The National - 2001 (Brassland Records)
- Sad Songs for Dirty Lovers - 20031 (Brassland Records)
- Alligator - 2005 (Beggars Banquet)
- Boxer - 2007 (Beggars Banquet)
- High Violet - 2010 (4AD)
EPs[editar]
- Cherry Tree - 2004 (Brassland Records)
- Tarquin Roughs (Beggars Banquet)
- The Virginia EP - 2008 (Beggars Banquet)