The Muppet Show

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Muppet Show
Formato Humor, monicreques
Creado por Jim Henson
Intérpretes Jim Henson
Frank Oz
Jerry Nelson
Richard Hunt
Dave Goelz
Steve Whitmire
Louise Gold
Kathy Mullen
Eren Ozker
John Lovelady
País de orixe Reino Unido
Estados Unidos
Número de episodios 150
Produción
Duración 30 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixe ITV (RU)
Sindicación (EEUU)
Emisión 5 de setembro de 197615 de marzo de 1981

The Muppet Show foi un programa de televisión británico-estadounidense creado por Jim Henson e no que aparecen os monicreques coñecidos como Muppets.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A serie desenvólvese como un programa de variedades ao estilo dun vodevil ou music hall presentado por Kermit the Frog que intenta manter o control sobre os muppets e que os convidados humanos estean cómodos. O humor baséase no slapstick e é por veces un tanto absurdo e paródico. Emitiuse durante cinco tempadas, realizáronse dous episodios pilotos (The Muppets Valentine Show e The Muppet Show: Sex and Violence), e un especial de Nadal (A Muppet Family Christmas) . A maioría dos monicreques apareceron tamén en Sesame Street. Entre os operadores dos monicreques salientan Henson, Frank Oz, Jerry Nelson, Richard Hunt, Dave Goelz, Steve Whitmire, Louise Gold, Kathy Mullen, Eren Ozker, e John Lovelady. Jerry Juhl e Jack Burns foron dous dos guionistas principais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]