A máscara do Zorro
| A máscara do Zorro | |
|---|---|
| Título orixinal | The Mask of Zorro |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Martin Campbell |
| Produtor | Steven Spielberg Doug Claybourne Lucas Foster |
| Guión | John Eskow Ted Elliott Terry Rossio |
| Baseado en | Personaxes de Johnston McCulley |
| Intérpretes | Antonio Banderas Anthony Hopkins Catherine Zeta-Jones Stuart Wilson |
| Música | James Horner |
| Fotografía | Phil Meheux |
| Montaxe | Thom Noble |
| Estudio | TriStar Pictures Amblin Entertainment Zorro Productions, Inc. David Foster Productions |
| Distribuidor | Sony Pictures Entertainment |
| Ano | |
| Duración | 136 minutos |
| País | |
| Xénero | Aventuras, Romance |
| Orzamento | $95.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
A máscara do Zorro (na versión orixinal The Mask of Zorro) é un filme estadounidense dirixido por Martin Campbell e producido por Steven Spielberg que foi estreado en 1998. Estreouse en galego na TVG o 22 de decembro de 2010.[2]
Índice |
Argumento [editar]
México, 1821. Un enmascarado e aclamado heroe popular, coñecido como o Zorro, loita con éxito contra a opresión colonial española na Alta California, representada polo tiránico gobernador don Rafael Montero. Porén, a véspera da liberación de México, Montero descobre que a identidade secreta do Zorro é a de don Diego de la Vega. Un inesperado ataque contra a casa do rebelde, saldarase coa súa captura, a morte da súa muller, o secuestro de Elena, a súa única filla, e a destrución das súas propiedades. Vinte anos despois, Montero regresa do exilio con Elena, que ignora a identidade do seu pai auténtico, e proponse mercar California ó Presidente de México, o Xeneral Santa Anna. Cando don Diego de la Vega se decata, foxe da prisión disposto a vingarse de Montero. Parte do plan consiste en adestrar e transformar a Alejandro Murrieta, un bandoleiro cun treboento pasado, no novo Zorro, para que lle axude a frustrar os plans de Montero dunha vez para sempre. Murrieta farase pasar por un rico terratenente español disposto a gañar a confianza de Montero.
Personaxes [editar]
- Antonio Banderas como Alejandro Murrieta / Zorro
- Anthony Hopkins como Don Diego De La Vega / Zorro
- Catherine Zeta-Jones como Elena (De La Vega) Montero
- Stuart Wilson como Don Rafael Montero
- Matt Letscher como Capitán Harry Love
- Tony Amendola como Don Luiz
- Pedro Armendáriz, Jr. como Don Pedro
- L.Q. Jones como Three-fingered Jack
- Julieta Rosen como Esperanza De La Vega
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 1998: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor son e efectos de son.
- 1998: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor filme de comedia e actor comedia.
- 1998: Nomeada ó BAFTA: Mellor vestiario.
Notas [editar]
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "A máscara do Zorro na TVG". DiarioSiglo XXI. 22 de decembro de 2010. http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20101221200138. Consultado o 4 de marzo de 2013.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)