The Mammoth Hunters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os cazadores de mamuts
Título orixinalThe Mammoth Hunters
Autor/aJean M. Auel
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónOs fillos da terra
Xénero(s)Novela
Editorial Crown
Data de pub. 21 de decembro de 1985
FormatoTapas duras (USA)
ISBNISBN 0-517-55627-8 / ISBN 0-553-38164-4
Precedido porO val dos cabalos
Seguido porAs chairas do tránsito
editar datos en Wikidata ]

Os cazadores de mamuts[1] (na versión orixinal The Mammoth Hunters) é unha novela histórica escrita pola autora estadounidense Jean M. Auel en 1985. É o terceiro libro da serie Os fillos da terra.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O libro comeza cando as personaxes principais, unha moza chamada Ayla e un home chamado Jondalar, atópanse cun grupo coñecido como os Mamutoi, ou cazadores de mamuts, cos cales deciden vivir durante varias estacións. Os Mamutoi non só cazan mamuts para se alimentaren, senón tamén para obteren peles, marfil e materiais para construción. Ademais, hónranos e adóranos espiritualmente.

Ayla e Jondalar quedan a vivir no Campamento do León dos Mamutoi, onde vive un bo número de respectados membros dese pobo. O sabio máis grande entre os Mamutoi é Mamut, o xamán máis vello e o líder de tódolos Mamuts, quen se converte no mentor de Ayla, ademais de colega nos campos do esoterismo e do pensamento. Ó observar a afinidade de Ayla cos cabalos e os lobos, Mamut comeza a preparala para que se converta nunha Mamut.

Notas[editar | editar a fonte]