The Long Goodbye (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Long Goodbye
Autor Raymond Chandler
País California (Estados Unidos)
Lingua inglés
Xénero(s) Novela negra
Editorial Hamish Hamilton
Data de pub. 1953
Páxinas 320
ISBN ISBN 0-394-75768-8
Precedido por The Little Sister
Seguido por Playback

The Long Goodbye é unha novela escrita en 1953 por Raymond Chandler, protagonizada polo detective Philip Marlowe. Namentres que parte da crítica non a considera á altura que The Big Sleep ou Farewell, My Lovely, outra parte considéraa a mellor obra da súa vida.[1]. Destaca pola súa crítica social, e inclúe de elementos autobiográficos. En 1955 recibiu o Premio Edgar Award á mellor novela.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A novela comeza no exterior do club The Dancers. Marlowe, ó que se supón xa coñecido das novelas anteriores, coñece a un borrachón chamado Terry Lennox, que ten a cara marcada por cicatrices. Comezan unha inusual amizade de varios meses, ata que unha noite Lennow chega de madrugada ó despacho de Marlowe pedíndolle que o leve ó aeroporto de Tijuana. Marlowe acepta, a condición de que Lennox non lle dea ningún detalle do asunto.

No seu regreso a Los Angeles Marlowe é arrestado como sospeitoso de asasinato, logo de que non colaborar coa policía, que busca a confirmación de que axudou a escapara a Lennox. Dillen que a muller de Lennox foi atopada morta na súa piscina, e que morreu antes da marcha de Lennox. Logo de tres días de interrogatorio infructífero, Marlowe é liberado ó ser supostamente atopado morto tras suicidarse en Otatoclan cunha confesión completa do seu puño e letra. Marlowe volve a casa e encontra unha enigmática nota de Lennox cun "retrato de Madison" (un billete de 5000 dólares).

Billete de $5000 co retrato de Madison.

Marlowe recibe unha chamada desde New York do editor Howard Spencer, que lle pide que investigue un caso. Un dos seus mellores escritores, Roger Wade, ten problemas co alcol e leva tres días desaparecido. Inicialmente Marlowe rexeita o caso, pero logo de que a muller de Wade, Eileen, tamén lle pida axuda, decide aceptar. Marlowe remata atopando a Wade nun rancho no deserto. Cobra os seus honorarios, pero o caso Wade non remata.

Os Wade intentan convencer a Marlowe de que queda na súa casa para axudar a Roger a escribir en vez de beber. Rexéitao, pero remata facendo viaxes furtivas ó fogar dos Wade para controlalo. Nunha das visitas encontra a Roger tirado na herba cun coitelo na mal. Despois intenta suicidarse, pero dalle a pistola á muller. Ela acaba nunha especie de trance intentando seducir a Marlowe, pensando que é un antigo amante que morrera dez anos antes na Segunda Guerra Mundial.

Mentres tanto recibe presións para que deixe o caso de Lennox, primeiro de Mendy Menendez, un amigo hispano de Lennox, e despois do sogro de Lennox, da policía, do servinte dos Wades (un chileno chamado Candy), e da muller de Wade. Marlowe tamén descubre que Terry Lennox vivira como Paul Marston, que casara e que seguramente proviña de Inglaterra.

Wade chama de novo a Marlowe, pedíndolle que veña a comer con el. Wade acaba embebedándose e suicidándose. A súa muller chega a casa pouco despois e acusa a Marlowe de matar ó seu marido. Candy inicialmente intenta incriminar a Marlowe, pero as súas acusacións son desbotadas no interrogatorio.

Marlowe recibe unha chamada de Spencer avisándoo da morte de Wade, e respóndelle a Spencer que o recolla para iren ver á sñora Wade. Unha vez alí, Marlowe infórmaa da morte da muller de Terry Lennox. Eileen ao principio intenta inculpar a Roger, pero Marlowe non a cre que responde que ela matou tanto á señora Lennox como a Roger Wade, e que Paul Marston (Lennox) é o que fora seu primeiro marido, que se supuña falecido en combate na costa de Noruega ou a mans da Gestapo. Á mañá seguinte, Marlowe revibe unha chamada informándoo de que Eileen Wade suicidouse, deixando unha nota cunha confesión.

Marlowe segue negándose a descoñecer a verdade. É asaltado por Menendez, quen remata arrestado por un policía, antigo compañeiro seu, chamado Randy Starr, que servira con Menendez e Lennox/Marston durante a guerra. Finalmente Marlowe recibe a visita dun mexicano que di estar presente cando Lennox foi asasinado na súa habitación do hotel. Marlowe escoita a súa historia, e di que non o cre, pois o mexicano é o propio Lennox logo dunha operación de cirurxía.

Adaptacións televisisvas e cinematográficas[editar | editar a fonte]

A novela foi levada á televisión en 1954 na antoloxía de series Climax!, con Dick Powell como Marlowe, papel que xa interpretara en Murder, My Sweet. Esa actuación en directo encumbrou ó actor Tris Coffin.

Foi levada ó cine por Robert Altman en 1973 co título de The Long Goodbye.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reportaxe sobre a novela no New York Times, 25 de abril de 1954 (en inglés).
Raymond Chandler
Creador de Philip Marlowe
Obras
novelas: The Big Sleep (1939) Farewell, My Lovely (1940) The High Window (1942) The Lady in the Lake (1943) The Little Sister (1949) The Long Goodbye (1954) Playback (1958) Poodle Springs (1989)
relatos: Five Murderers · Five Sinister Characters · Fingerman and Other Stories · The Simple Art of Murder · Killer in the Rain · Chandler Before Marlowe · The Midnight Raymond Chandler
guións: Double Indemnity · And Now Tomorrow · The Unseen · The Blue Dahlia · Strangers on a Train · Playback
outras obras: Raymond Chandler Speaking · Selected Letters of Raymond Chandler
Adaptacións cinematográficas
The Falcon Takes Over (1942) Murder, My Sweet (1944) The Big Sleep (1946) The Brasher Doubloon (1947) Lady in the Lake (1947) The Long Goodbye (1973) Farewell, My Lovely (1975) The Big Sleep (1978)