The Legend of Zelda: Majora's Mask

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Legend of Zelda: Majora's Mask
Desenvolvedor(es)Nintendo Entertainment Analysis and Development
Distribuidora(s)Nintendo
Compositor(es)Kōji Kondō
Lanzamento27 de abril de 2000
Xénerovideoxogo de acción e aventura
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación PEGI 12 e PEGI 6
USK 6
Plataforma(s)Nintendo 64 e GameCube
Na rede
http://www.zelda.com/universe/game/majora/ e https://www.nintendo.co.jp/n01/n64/software/nus_p_nzsj/
Youtube: UCZFMrceU4E5E3QMNc8gE2SQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Legend of Zelda: Majora's Mask (A lenda de Zelda: A mascara de Majora) é un videoxogo para Nintendo 64. Tratase do segundo xogo de Zelda en 3D, despois de The Legend of Zelda: The Ocarine of Time O xogo vendeu en total mais de tres millóns de copias en todo o mundo, se ben esta aventura non acadou tanta fama coma a primeira.

Argumento[editar | editar a fonte]

Nesta entrega da saga Legend of Zelda Link chega a cabalo de Epona (a súa egua) a un mundo chamado Termina. Polo camiño unha especie de trasno róuballe a ocarina e o cabalo, e ademais convérteo nun deku kid (rapaz deku). Ese trasno chamado Skull Kid (Neno Caveira) leva posta unha máscara chamada a máscara de Majora; esta máscara roubada a un comerciante, é unha máscara maldita que ó poñela desencadeou unha terrible maldición na terra de Términa.

A lúa caerá sobre este mundo en tres días. Link deberá recuperar a forma normal(xa que está convertido en deku) e ir conseguindo uns espíritos máxicos que se atopan nos catro puntos cardinais. Pero en tres días iso é imposible, polo que terá que retroceder no tempo tocando unha canción unha vez recuperada a ocarina.

Xogabilidade[editar | editar a fonte]

Este sucesor de The Legend of Zelda: Ocarina of Time continúa a liña marcada polo devandito xogo, mesturando acción, aventura en terceira persoa e rol. Conta coa diferenza marcada polas máscaras que se van obtendo durante o camiño, que outorgan diferentes poderes. Ademais, un reloxo situado á dereita da pantalla indícache o tempo que resta para que a lúa caia, o que engade un chisco de tensión ás accións do xogador, que ten que estar pendente de que o tempo non se esgote


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.