The Jam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Jam

Información
Orixe Woking, Surrey, Inglaterra Inglaterra
Período 1972 – 1982
Xénero(s) mod revival, punk rock, New Wave
Selo(s) discográfico(s) Polydor Records
Membros Paul Weller
Bruce Foxton
Rick Buckler
Steve Brookes
Antigos membros
Web oficial

The Jam foi unha banda inglesa de punk rock/mod revival formada en Woking, Surrey e activa durante finais dos anos 70 e principios dos anos 80. Se ben comparte o su punto de vista de "mozos irados" e tempos rápidos dos seus contemporáneos do punk rock, The Jam vestían traxes deseñados coidadosamente en vez de roupa estragada, e incorporaron un feixe de influencias do rock mainstream dos 60 en vez de rexeitalas, colocando á banda na vangarda do moemento mod revival.

A banda tivo 18 sinxelos top 40 consecutivos no Reino Unido, dende a súa estrea en 1977 ata a súa desaparición en decembro de 1982, incluídos catro números 1. En 2007, "That's Entertainment" e "Just Who Is the 5 O'Clock Hero?" seguáin sendo os seinxelos máis vendidos de todos os tempos no Reino Unido. The Jam editou un álbum ao vivo seis de estudio, o último dos cales, The Gift, foi número 1 nas listas británicas. Cando a banda se separou, os seus priemiros 15 sinxelos foron re-editados e todos eles entraron no top 100.

A banda baseouse nunha variedade de influencias estilísticas durante o curso da súa carreira, incluíndo a música beat dos 60, o soul, o rhythm and blues e o rock psicodélico, ademais do punk rock e o new wave dos 70. O trío foi coñecido polas súas melódicas cancións pop, o seu sabor claramente inglés e a súa imaxe mod. A banda lanzou a carreira de Paul Weller, que formaría The Style Council e posteriormente tería unha exitosa carreira en solitario. Weller compuxo e cantou a meirande parte das composicións orixinais de The Jam, ademais de tocar a guitarra principal, usando unha Rickenbacker. Bruce Foxton se encargaba dos coros e das liñas de baixo, que foron a orixe de moitos dos temas do grupo, incluídos os éxitos "Down in the Tube Station at Midnight", "The Eton Rifles", "Going Underground" e "Town Called Malice".

Discografía [editar]