The Jackson 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Jackson 5
Jackson 5 tv special 1972.JPG
Orixe Gary, Indiana, Flag of the United States.svg
Selo(s) discográfico(s) Steeltown, Motown, Philadelphia International, Epic

The Jackson 5, tamén escrito The Jackson Five, e nos últimos anos coñecido simplemente The Jacksons, foi un grupo de música estadounidense orixinario de Gary, Indiana formado baixo a tutela de Joseph Jackson, representante e fundador real do grupo, por cinco dos seus fillos: Jackie, Tito, Jermaine, Marlon e Michael

Sucedeu a outro grupo formado en 1964 polos tres irmáns maiores chamado The Jackson Brothers e estivo activo ata 1990, desenvolvendo un repertorio de R&B, soul, pop e posteriormente disco. Con contrato con Motown Records desde 1968, foi un dos grandes fenómenos da música pop dos 70 e serviu como panca para lanzar as carreiras en solitario de Jermaine e Michael.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moitos dos seus sinxelos estiveron estiveron nos primeiros postos das listas americanas, tanto dos primeiros tempos "I Want You Back", "ABC", "The Love You Save", and "I'll Be There" como da última época "Mama's Pearl", "Never Can Say Goodbye" ou "Dancing Machine". Moitos dos seus primeiros éxitos escribíronos un equipo especializado de letristas coñecido como "The Corporation", despois a maioría debéronse a Hal Davis, con outros do equipo de Gamble and Huff antes que The Jacksons comezaran a escribir e producir eles mesmos as súas cancións a finais da década de 1970.

Mespois da marca do grupo de Motown a Philadelphia International Records en 1976, The Jacksons 5 tiveron que mudar o seu nome, quedando simplemente en The Jacksons e Jermaine foi substituído por Randy xa que Jermaine decidira quedar en Motown Tras dous anos asinaron un novo contrato con Epic Records que lles permitía ter o control das letras, da produción e da imaxe, e o seu éxito continou na década de 1980 con éxitos como "Shake Your Body (Down to the Ground)", "Lovely One" e "State of Shock". O álbum de 1989 2300 Jackson Street gravouse sen Michael e Marlon e o seu pouco éxito levou á cancelación do contrato coa compañía discográfica a principios do ano seguinte, aínda que o grupo nunca foi disolto formalmente, desapareceu e só se volveu xuntar en dous concertos homenaxe a Michael Jackson en setembro de 2001.