The Italian Job (filme de 2003)
| The Italian Job | |
|---|---|
| Título orixinal | The Italian Job |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | F. Gary Gray |
| Produtor | Donald De Line |
| Guión | Donna Powers Wayne Powers |
| Baseado en | The Italian Job de Troy Kennedy Martin |
| Intérpretes | Mark Wahlberg Charlize Theron Edward Norton Seth Green Jason Statham Mos Def Donald Sutherland |
| Música | John Powell |
| Fotografía | Wally Pfister |
| Montaxe | Richard Francis-Bruce Christopher Rouse |
| Estudio | De Line Pictures |
| Distribuidor | Paramount Pictures |
| Ano | 2003 |
| Duración | 111 minutos |
| País | |
| Xénero | Acción |
| Orzamento | $60.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The Italian Job é un filme estadounidense dirixido por F. Gary Gray que foi estreado no 2003. Está baseado no filme británico de 1969 The Italian Job de Troy Kennedy Martin.
Índice |
Argumento [editar]
John Bridger (Donald Sutherland) fala coa súa filla Stella (Charlize Theron) por teléfono para anunciarlle que ese sería o seu derradeiro roubo. Máis tarde, John queda co planificador, Charlie (Mark Wahlberg), para falar sobre o roubo. Ambos son bos amigos e teñen un gran respecto o un polo outro.
O grupo encabezado por Charlie estaba formado polo infiltrado Steve (Edward Norton), o xenio da informática Lyle (Seth Green), Rob (Jason Statham) como condutor, Oído esquerdo (Mos Def) o experto en explosivos e John, que era o encargado de rebentar a caixa forte. O plantexamento era perfecto, polo que o roubo en Venecia foi como se agardaba, a euforia invade a tódolos presentes durante un curto período de tempo. Entón decátanse de que un dos membros do grupo, Steve, traizoou ó resto para quedar con todo o ouro, acto que acaba coa vida de John. Tempo despois, o grupo localiza a residencia de Steve, e con Charlie ó mando deciden xogarlle o mesmo xogo, polo que recorren a Stella, a filla de John, para dar un golpe que lles permita reembolsar os cartos perdidos e de paso vingarse pola morte de John.
Personaxes [editar]
- Mark Wahlberg como Charlie Croker
- Charlize Theron como Stella Bridger
- Edward Norton como Steve
- Jason Statham como Handsome Rob
- Seth Green como Lyle "Napster"
- Mos Def como "Oído esquerdo"
- Franky G como Wrench
- Olek Krupa como Mashkov
- Donald Sutherland como John Bridger
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)º