The Island of Dr. Moreau (filme de 1996)
| A illa do Doutor Moreau | |
|---|---|
| Título orixinal | The Island of Dr. Moreau |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | John Frankenheimer |
| Produtor | Claire Rudnick Polstein Edward R. Pressman Tim Zinnemann |
| Guión | Ron Hutchinson Walon Green |
| Baseado en | The Island of Doctor Moreau de H. G. Wells |
| Intérpretes | Marlon Brando Val Kilmer David Thewlis Fairuza Balk Ron Perlman |
| Música | Gary Chang |
| Fotografía | William A. Fraker |
| Montaxe | |
| Estudio | |
| Distribuidor | New Line Cinema |
| Ano | 1996 |
| Duración | 100 minutos |
| País | |
| Xénero | Ficción científica |
| Orzamento | $40.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The Island of Dr. Moreau é unha adaptación cinematográfica do clásico de H. G. Wells The Island of Doctor Moreau, dirixida por John Frankenheimer e estrada en 1996.
Índice |
Argumento [editar]
No 2010, o Doutor Moreau (Marlon Brando) conseguiu lograr o imposible: empregar ADN humano en animais para facelos máis semellantes ás persoas á vez que reprime os seus instintos salvaxes para facelos sen maldade nin odio. Logo de moitos experimentos, só un dos especímenes resulta satisfactorio e ós restantes son drogados para evitar que tornen nas súas formas animais. Ademais son controlados por descargas eléctricas que lles producen os chips implantados no seu corpo.
A pesares diso, unha das bestas atopa o xeito de evitar a terapia eléctrica e cando llo revela a outros, os híbridos toman o control da illa.
Un dos aliados do Dr. Moreau é o Dr. Montgomery (Val Kilmer), un científico que se volve tolo pola súa intensa devoción ó Doutor Moreau e polo abuso intenso de drogas.
Edward Douglas é un negociador das Nacións Unidas, e tamén o único sobrevivente dun accidente aéreo no mar. Este é levado á illa de Moreau polo Dr. Montgomery, e convértese no seu prisioneiro. Horrorizado polos monstruosos experimentos do Doutor Moreau e temeroso pola súa propia vida, Douglas recibe axuda da filla do doutor, Aissa, para poder fuxir da illa, pero os seus plans trúncanse por culpa de Montgomery e os seus lacaios.
Personaxes [editar]
- Marlon Brando como Dr. Moreau
- Val Kilmer como Dr. Montgomery
- David Thewlis como Edward Douglas
- Fairuza Balk como Aissa
- Daniel Rigney como Home-hiena
- Temuera Morrison como Azazello
- Nelson de la Rosa como Majai
- Peter Elliott como Assassimon
- Mark Dacascos como Lo-Mai
- Ron Perlman como Sayer of the Law
- Marco Hofschneider como M'Ling
- Miguel López como Waggdi
- Neil Young como Home-xabaril
- David Hudson como Bison Man
- Clare Grant como Fox Lady
- Kitty Silver como Sow Lady #1
- Fiona Mahl como Sow Lady #2
- William Hootkins como Kiril
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)