The Hum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Hum (literalmente en galego, "o zunido", "o zoar") é un fenómeno ou colección de fenómenos que involucra unha serie de sons semellantes ao zoar persistente, de baixa frecuencia e non audíbel para a totalidade das persoas. Os zunidos foron extensamente reportados polos medios de comunicación nacionais de Gran Bretaña e os Estados Unidos. É habitual apelidar o fenómeno do zunido co nome da localidade onde foi escoitado; por exemplo, o zunido de Bristol ou o zunido de Taos (México).[1]

The Hum en Galicia[editar | editar a fonte]

Segundo o sitio web The World Hum Map and Database, páxina que rexistra todos os acontecementos de zunidos arredor do mundo, non se rexistraron casos coñecidos de Hum en Galicia. Existe, porén, un caso de zunidos en Navia (Asturias) en 2008. Tamén na cidade lusa do Porto rexistráronse dous casos de hum, ambos en 2014.[2]

Outros casos de zunido na península déronse en cidades coma Madrid, Barcelona ou Cádiz.

O zunido de Cádiz[editar | editar a fonte]

O 7 de xaneiro de 2014 rexistrouse un episodio de Hum na cidade de Cádiz e as súas inmediacións, incluíndo localidades coma San Fernando, Barbate ou Xerez da Fronteira. O fenómeno foi gravado por varios cidadáns, e definido coma un "son metálico, similar ao dun motor, e que semella escoitarse ao lonxe".[3] O fenómeno foi amplamente documentado pola prensa, en especial a prensa local.[4] Tamén apareceu no programa de radio da Cadena Ser, Milenio 3, e no programa de televisión da cadea de Cuatro, Cuarto Milenio, ambos presentados por Iker Jiménez.

The Hum nos medios[editar | editar a fonte]

O zunido de Taos apareceu no show de televisión titulado Misterios Sin Resolver.[5] Tamén se mencionou no "Top Ten de Fenómenos Inexplicables" de LiveScience', onde ocupou o décimo posto.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Confidencial (ed.). "The Hum: el molesto zumbido de los suburbios que nadie logra explicar.". Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  2. "The World Hum Map and Database.". Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  3. Andalucía Información (ed.). "Uno de los testigos de 'The Hum' grabó el misterioso fenómeno de la noche del siete de enero.". Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  4. Cadizdirecto.com (ed.). "“The Hum” o el gruñido del Taos también se escucha en Cádiz.". Consultado o 30 de decembro de 2014. 
  5. "Unsolved Mysteries: Ghosts (2005)". Amazon.com. Disc 4, "Mystery Hum". 
  6. "Spooky! The Top 10 Unexplained Phenomena". LiveScience. 10 January 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]