The Hours (filme)
| As horas | |
|---|---|
| Título orixinal | The Hours |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Stephen Daldry |
| Produtor | Scott Rudin Robert Fox |
| Guión | David Hare |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Meryl Streep Julianne Moore Nicole Kidman Ed Harris Miranda Richardson |
| Música | Philip Glass |
| Fotografía | Seamus McGarvey |
| Montaxe | Peter Boyle |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 2002 |
| Duración | 114 min. |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $25,000,000 |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
The Hours (As horas, en galego) está baseada na novela de Michael Cunningham, a cal leva o mesmo nome. Trátase dunha película independente, de baixo orzamento e gañadora do Óscar a mellor actriz por Nicole Kidman no ano 2003 que trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracións, cuxas vidas son interconectadas coa novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway. Toda a película sucede ó longo dun mesmo día, que cambiará as vidas das tres coprotagonistas.
Índice |
Ficha Técnica [editar]
- Dirección: Stephen Daldry
- Intérpretes: Meryl Streep (Clarissa Vaughan), Nicole Kidman (Virginia Woolf), Julianne Moore (Laura Brown), Stephen Dillane (Leonard Woolf), Miranda Richardson (Vanessa Bell), Ed Harris (Richard Brown), John C. Reilly (Dan Brown), Charley Ramm (Julian Bell), Toni Collette (Kitty), Claire Danes (Julia Vaughan), Jeff Daniels (Louis Waters), Eileen Atkins (Barbara.
- Xénero: Drama
- Ano: 2002
- Duración: 114 minutos
- Nacionalidade: EEUU
- Música: Philip Glass
- Vestiario: Ann Roth
- Guión: David Hare
Argumento [editar]
"As Horas" é a historia de tres mulleres de diferentes épocas e lugares unidas polos seus anhelos e temores. Virginia Woolf (Nicole Kidman) vive nun suburbio londiniense a principios dos anos 20, onde loita contra a demencia mentres empeza a escribir a súa novela "A Señora Dalloway". Laura Brown (Julianne Moore), é unha esposa e nai de Os Ánxeles de finais da Segunda Guerra Mundial que lendo "A Señora Dalloway" empeza a considerar a posibilidade de dar un cambio á súa vida. Clarissa Vaughan (Meryl Streep) é unha "señora Dalloway" do século XXI, vive en Nova York e está namorada do seu amigo Richard (Ed Harris), que está morrendo de SIDA, a pesares de manter unha relación lésbica con Sally (Allison Janney). Finalmente, as historias das tres mulleres entrelázanse e atópanse nun sorprendente momento de recoñecemento compartido.
Enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en 3 épocas diferentes da historia. Para Virginia Woolf ter inclinación homosexual era algo impensable e horrendo; para Laura, ama de casa e seguidora fiel dos canons sociais da etapa da posguerra, foi unha decisión difícil aceptar que era lesbiana, pero non se escandaliza cando a súa amiga llo fai saber; e xa na época de Clarissa, o lesbianismo é algo normal e esta muller convive coa súa parella sen chamarlle a atención a ninguén.
Premios [editar]
Oscar 2002 [editar]
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor película | Candidato | |
| Mellor director | Stephen Daldry | Candidato |
| Mellor guión adaptado | David Hare | Candidato |
| Mellor actriz | Nicole Kidman | Gañadora |
| Mellor actor de reparto | Ed Harris | Candidato |
| Mellor actriz de reparto | Julianne Moore | Candidata |
| Mellor vestiario | Ann Roth | Candidata |
| Mellor montaxe | Peter Boyle | Candidato |
| Mellor banda sonora | Philip Glass | Candidato |
Curiosidades [editar]
- As tres actrices principais (Streep, Moore, Kidman) bican a outra muller nalgún momento da pelìcula.
- Para que Nicole Kidman se parecese máis a Virginia Woolf precisou dun nariz postizo. Ademais, tivo que aprender a escribir coa súa man dereita (ela é zurda).
- Allison Janney foi elixida orixinalmente para que interpretara á florista.
- Nun principio, Gwyneth Paltrow foi considerada para o papel de Laura Brown.