Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Horrible Truth About Burma é unha colección postuma de gravacións ao vivo da banda estadounidense de [post-punk]] Mission of Burma. Foi gravado durante a súa xira de despedida en 1983 e editouse no ano 1995 polo selo Ace of Hearts. A banda decidiu deixalo porque o [acúfeno]] do seu líder Roger Miller acadara un nivel perigoso, e incluso no libreto do álbum pode verse unha foto súa no escenario con auriculares de protección.
O álbum sería reeditado en 1997 por Ryko, e posteriormente apareceron as edicións "Standard" e "Definitive" de Matador Records en 2008. Esta última edición en CD e a versión en vinilo tamén incluen un DVD co concerto completo no hotel Bradford de Boston.
Listaxe de cancións [editar]
Todos os temas compostos por Roger Miller, agás onde se indique.
- "Tremolo" (Clint Conley) – Detroit – 4:11
- "Peking Spring" (Conley) – Boston (hotel Bradford) – 3:44
- "Dumbells" – Chicago – 2:17
- "New Disco" – Chicago – 3:25
- "Dirt" (Conley) – Chicago – 3:40
- "Go Fun Burn Man" (Conley) – Boston (The Channel) – 1:56
- "1970" (The Stooges) – New York – 3:35
- "Blackboard" (Peter Prescott) – New York – 3:08
- "He Is, She Is" – Boston (hotel Bradford) 2:43 (4:03 coa charla co público)
- "Heart of Darkness" (Pere Ubu) – Chicago – 8:55
O vinilo ven cun 12" extra 12" con dous temas por cara. O CD engade esas cancións ao final do álbum.
- "That's When I Reach For My Revolver" – New York – 3:38
- "Weatherbox" – Detroit – 3:21
- "Trem Two" – New York – 4:21
- "Learn How" (Prescott) – Detroit – 3:44
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| EPs |
|
|
| Recompilatorios |
|
|
| Álbums so vivo |
The Horrible Truth About Burma • Snapshot
|
|
| Sinxelos |
"Academy Fight Song"/"Max Ernst" • "Trem Two"/"OK/No Way" • "Active in the Yard" • "Dirt"/"Falling" • "Innermost"/"...And Here It Comes"
|
|