The Hobbit (triloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Hobbit (triloxía)
Título orixinal The Hobbit
Colina de Hobbiton.jpg
O outeiro de Hobbiton
Ficha técnica
Director Peter Jackson
Produtor Peter Jackson
Mark Ordesky
Fran Walsh
Guión Philippa Boyens
Peter Jackson
Guillermo del Toro
Fran Walsh
Baseado en O hobbit de Tolkien
Intérpretes Ian McKellen
Martin Freeman
Richard Armitage
Dean O'Gorman
Aidan Turner
Graham McTavish
John Callen
Stephen Hunter
Mark Hadlow
Peter Hambleton
James Nesbitt
Adam Brown
Cate Blanchett
Andy Serkis
Christopher Lee
Hugo Weaving
Orlando Bloom
Evangeline Lilly
Barry Humphries
Luke Evans
Benedict Cumberbatch
Música Howard Shore
Fotografía
Montaxe
Estudio
Distribuidor Metro-Goldwyn-Mayer (global)
New Line Cinema (América do Norte)
Ano 2012, 2013 e 2014.
Duración
País Nova Zelandia Nova Zelandia
Reino Unido Reino Unido
Xénero Aventuras, fantasía
Orzamento $3,850,000
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior Triloxía d'O Señor dos Aneis (O regreso do Rei)
Filme seguinte
Ficha en IMDb

The Hobbit é a adaptación cinematográfica da novela O hobbit, publicadada en 1937 e escrita polo filólogo británico J. R. R. Tolkien. Dividiuse en tres filmes épicos de fantasía, acción e aventuras: The Hobbit: An Unexpected Journey, The Hobbit: The Desolation of Smaug e The Hobbit: There and Back Again.[1] A crise da Metro-Goldwyn-Mayer retrasou o proxecto.[2] En Galicia estreouse a primeira parte en castelán o día 14 de decembro de 2012, tamén en 3D.

O proxecto foi abordado polo neozelandés Peter Jackson, director da triloxía cinematográfica The Lord of the Rings baseada nas novelas d' O Señor dos Aneis, sucesora d' O hobbit; actuando dende un primeiro momento coma produtor e principal impulsor da idea. Porén, neste caso Jackson apartárase da dirección, e os filmes ían ser dirixidos polo mexicano Guillermo del Toro; mais este rexeitouno a finais de maio de 2010, por mor do restardo no comezo da filmación polos problemas financeiros que atravesa a casa produtora Metro Goldwyn Mayer.[3][4] Jackson tomou logo a decisión de se facer cargo de ambas as dúas facetas do proxecto de The Hobbit, como xa fixera con The Lord of the Rings.[5] Malia o rexeitamento de Del Toro, ambos os dous encargáronse do guion dos filmes, xunto a Philippa Boyens e Fran Walsh, dona de Jackson.[6]

Os estudios Warner Bros. e a MGM confirmaron o 1º de setembro de 2012 as datas das estreas, así como os títulos definitivos dos tres filmes, unha vez Jackson decidira finalmente que o proxecto sería unha triloxía e non unha biloxía como establecera inicialmente. A primeira, The Hobbit: An Unexpected Journey (en galego: O hobbit: Unha viaxe inesperada), chegou aos cinemas o 13 de decembro de 2012 (en Galicia en versión castelá); a segunda, The Hobbit: The Desolation of Smaug, estreouse o 13 de decembro de 2013; e a terceira, The Hobbit: There and Back Again, en decembro de 2014.[1]

Xénese do proxecto[editar | editar a fonte]

En 1995, Peter Jackson e Fran Walsh comezaron a cavilar na posibilidade de adaptar ao cinema O hobbit e O Señor dos Aneis e se puxeron en contacto co presidente de Miramax Films, Harvey Weinstein, quen amosou interese. O plan inicial era realizar a película d'O hobbit e, se esta tiña éxito, adaptar O Señor dos Aneis en dúas partes. As negociacións con Saul Zaentz, quen tiña os dereitos de ambas as dúas obras dende comezos dos anos 1970, alongáronse e , ademais, o cineasta só posuía os dereitos de produción dO hobbit, non os de distribución, que estaban en propiedades da United Artists. Weinstein insistiu a Jackson a se centrar nO Señor dos Aneis, aínda que a adaptación foi producida pola New Line Cinema, non pola Miramax, e se estreou en tres partes a principios dos anos 2000.[7]

En setembro de 2006, MGM, por entón propietaria da United Artists e dos dereitos de distribución d'O hobbit, amosou o seu interese por se asociar con Jackson e a New Line Cinema para realizar a adaptación cinematográfica da novela.[8][9]

Segundo filme[editar | editar a fonte]

En setembro de 2006, Peter Jackson comentou nunha entrevista para a Entertainment Weekly que a produtora MGM estaba interesada en realizar dous filmes sobre O hobbit e cualificou a proposta de intelixente porque, ademais de xerar máis beneficios, a novela era relativamente lixeira en comparación coa d'O Señor dos Aneis e deste xeito poderíase ampliar con escenas que non aparecían nela, mais si noutros escritos de J. R. R. Tolkien, como a reunión do Concilio Branco que explica o feito de que o Gandalf desapareza por un tempo.[10] Despois da súa contratación en 2008, Guillermo del Toro confirmou que a secuela trataría sobre estas partes que non se ven na primeira.[11] Porén, o contido dese segundo filme dependía de cantos actores de The Lord of the Rings podían repetir interpretación.[12] Finalmente, unha vez finalizada a rodaxe dos dous filmes, Jackson confirmou a través do seuFacebook que habería un terceiro co fin de contar máis sobre a historia.[13]

Preprodución[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2009, Guillermo del Toro comentou nunha entrevista para a MTV que os artistas John Howe e Alan Lee, ilustradores das obras de J. R. R. Tolkien e colaboradores de Jackson na triloxía de The Lord of the Rings, comezaran xa a debuxar os primeiros deseños para o filme e que pronto se uniría Mike Mignola, autor do cómic Hellboy e colaborador de Del Toro nas adaptacións da súa obra n'El laberinto del fauno.[14]

Elenco[editar | editar a fonte]

Martin Freeman.
Martin Freeman.
Richard Armitage.
Richard Armitage.
Ian McKellen.
Ian McKellen.

En 2008, Guillermo del Toro contactou con Ian McKellen, Andy Serkis e Viggo Mortensen, quen interpretaron a Gandalf, Gollum/Sméagol e Aragorn, respectivamente, na triloxía de The Lord of the Rings, para que tornasen a desempeñar os seus papeis nas adaptacións d'O hobbit.[15] En xuño dese mesmo ano, Christopher Lee, quen interpretou ao istari (meigo) Saruman na triloxía, amosou nunha entrevista para a revista Empire o seu interese por recrear a corrupción do seu personaxe até se converter en aliado de Sauron;[16] porén, durante outra entrevista concedida uns días despois no Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary, o actor declarou que a viaxe a Nova Zelandia non sería recomendábel para alguén da súa idade (88 anos nese intre) e amosou a súa resignación ante a posibilidade de que as súas escenas foran cortadas de novo —Peter Jackson suprimiu a súa única aparición na versión estreada en cinemas d' O Señor dos Aneis: o regreso do Rei, aínda que posteriormente foi incorporada na versión extendida lanzada en DVD—. Lee comentou, ademais, que si lle gustaría prestar a súa voz ao dragón Smaug.[17]

Doug Jones, quen xa traballara con Del Toro noutros filmes, interesouse polo papel de Thranduil, rei dos elfos do Bosque Negro e pai de Legolas.[18] O cineasta, por outra banda, afirmou nunha entrevista para a MTV que lle gustaría contar coa participación de Jones, aínda que non necesariamente no rol de Thranduil.[19] Trala marcha de Del Toro e dado que Jackson non contactou con el, Jones confirmou que aínda estaba interesado en participar en The hobbit sempre e cando a súa rodaxe non entrase en conflcto coa de Lovecraft.[20]

Del Toro considerou a posibilidade de que Ian Holm, intérprete de Bilbo Bulseiro na triloxía, fora o narrador do filme.[21] En xaneiro de 2009, o cineasta confirmou que tiñan en mente arredor de catro actores para interpretar a Bilbo, malia non teren contactado ningún. Entre os actores máis nomeados como posíbeis intérpretes do rol atopábanse James McAvoy e Daniel Radcliffe (coñecido polo rol en Harry Potter)[14]

Malia terse involucrado por máis de dous anos no deseño e produción das adaptacións ao cinema,[22] o 31 de maio de 2010, o mexicano Guillermo del Toro rexeitou a dirección dos filmes, por mor ao retraso no comezo da filmación, debido a problemas financeiros que atravesa a produtora Metro Goldwyn Mayer.[3][4]

Logo de que o proxecto recibira luz verde, Warner Bros desvelou nun comunicado os primeiros membros do elenco: Martin Freeman coma Bilbo Bulseiro, Richard Armitage coma Thorin, Rob Kazinsky coma Fíli, Aidan Turner coma Kíli, Graham McTavish coma Dwalin, John Callen coma Óin, Stephen Hunter coma Bombur, Mark Hadlow coma Dori e Peter Hambleton coma Glóin.[23] Uns días despois, a compañía anunciou que James Nesbitt interpretaría a Bofur e Adam Brown a Ori.[24]

A comezos de xaneiro de 2011, Ian McKellen e Andy Serkis foron confirmados nos seus respectivos papeis,[25] mentres que Christopher Lee confirmou a través da súa páxina web oficial que volvería a interpretar a Saruman.[26]

Xa a finais de abril, Peter Jackson comunicou, vía Facebook, que o papel de Fíli sería interpretado finalmente por Dean O'Gorman, actor neozelandés coñecido polo seu papel en The Young Hercules; no mesmo comunicado anunciou a presenza de Lee Pace coma rei Thranduil, descartando, polo tanto, a Doug Jones.[27] A finais de maio, confirmaría tamén a presenza de Orlando Bloom retomando o papel de Legolas,[28] e xa en xuño os seguintes catro actores: Evangeline Lilly interpretando a «un personaxe novo», unha elfa silvana chamada Tauriel; Barry Humphries encarnando o Rei Trasgo; Luke Evans coma Bardo, e Benedict Cumberbatch coma Smaug.[29]

Rodaxe[editar | editar a fonte]

Malia os retardos, The hobbit comezou a súa rodaxe o 21 de marzo de 2011 en Nova Zelandia,[30][31] e finalizou o 6 de xullo de 2012, logo de 266 días de filmación.[32]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La tercera entrega de la trilogía «The Hobbit» llegará en julio de 2014". http://www.abc.es/20120901/cultura-cine/abci-hobbit-entrega-2014-201209011254.html. Consultado o 1 de septiembre.
  2. "El hobbit deberá esperar hasta 2012". http://www.20minutos.es/noticia/691821/0/hobbit/diciembre/2012/. Consultado o 2 de mayo de 2010.
  3. 3,0 3,1 "Mexicano Guillermo del Toro renuncia a la dirección de "The Hobbit"". http://www.google.com/hostednews/afp/article/ALeqM5hcBHMzkfac2fqVPe7FfbFmRAnvxw. Consultado o 31 de mayo.
  4. 4,0 4,1 "Guillermo Del Toro departs “The Hobbit”". http://www.theonering.net/torwp/2010/05/30/36920-guillermo-del-toro-departs-the-hobbit/. Consultado o 31 de mayo.
  5. "The Hobbit finally escapes the trolls". http://latimesblogs.latimes.com/movies/2010/10/the-hobbit-peter-jackson-3d-movie-new-zealand.html.
  6. "Confirmado: Del Toro dirigirá El hobbit". http://www.elpais.com/articulo/cultura/Confirmado/Toro/dirigira/Hobbit/elpepucul/20080425elpepucul_5/Tes. Consultado o 16 de mayo.
  7. THOMPSON, Kristin. "Prudent Aggression". The Frodo Franchise: The Lord of the Rings and Modern Hollywood. ISBN 0-520-24774-1.
  8. DALY, Steve. "Shire Circumstances". http://www.ew.com/ew/article/0,,1537662,00.html. Consultado o 22 de octubre de 2010.
  9. DALY, Steve. "Action Jackson". http://www.ew.com/ew/article/0,,1538494,00.html. Consultado o 22 de octubre de 2010.
  10. Daly, Steve. "Action Jackson". http://www.ew.com/ew/article/0,,1538494_2,00.html. Consultado o 1 de febrero.
  11. Adler, Shawn. "Guillermo Del Toro Addresses Hobbit Fans' Concerns, Talks Possible Casting". http://www.mtv.com/movies/news/articles/1586421/story.jhtml. Consultado o 7 de septiembre.
  12. "Jackson and del Toro Talk The Hobbit!". http://www.comingsoon.net/news/hobbitnews.php?id=45413. Consultado o 7 de septiembre.
  13. Bell, Crystal. "'The Hobbit 3': Peter Jackson Confirms Third 'Hobbit' Film Set For Summer 2014 Release". The Huffington Post. http://www.huffingtonpost.com/2012/07/30/the-hobbit-3-peter-jackson-confirms-summer-2014_n_1719575.html. Consultado o 30 de julio de 2012.
  14. 14,0 14,1 Lesnick, Silas. "'Hobbit' Director Guillermo Del Toro Says Script, Visualization, Casting Under Way". http://www.mtv.com/movies/news/articles/1603227/20090121/story.jhtml?rsspartner=rssYahooNewscrawler. Consultado o 1 de febrero.
  15. FLEMING, Michael. "Universal, del Toro love Hater". http://www.variety.com/article/VR1117986200.html?categoryid=13&cs=1. Consultado o 14 de enero de 2011.
  16. FERRIS, Glen. "Christopher Lee On The Hobbit". http://www.empireonline.com/news/story.asp?NID=22681. Consultado o 14 de enero de 2011.
  17. Rushblogg. "Christopher Lee about possibly returning to Middle Earth". http://es.youtube.com/watch?v=5qGFbBNnodw. Consultado o 14 de enero de 2011.
  18. JACKS, Brian. "Doug Jones Eyes Elven King Role For The Hobbit". http://moviesblog.mtv.com/2008/06/30/doug-jones-eyes-elven-king-role-for-the-hobbit/. Consultado o 7 de septiembre.
  19. HOROWITZ, Josh. "Guillermo Del Toro Talks Hobbit Casting, Creatures". http://www.mtv.com/news/articles/1596909/guillermo-del-toro-talks-hobbit-casting-creatures.jhtml. Consultado o 14 de enero de 2011.
  20. CONNELLY, Brendon. "Doug Jones On My Name Is Jerry, The Hobbit, The Haunted Mansion, Frankenstein And More". http://www.bleedingcool.com/2010/10/17/doug-jones-on-my-name-is-jerry-the-hobbit-the-haunted-mansion-frankenstein-and-more/. Consultado o 14 de enero de 2011.
  21. Adler, Shawn. "Guillermo Del Toro Answers Hobbit Fans' Questions About Returning Rings Cast, Religion and More". http://www.mtv.com/movies/news/articles/1590278/story.jhtml. Consultado o 7 de septiembre.
  22. "A por los dólares de la Tierra Media". http://www.elpais.com/articulo/cultura/dolares/Tierra/Media/elpepucul/20080212elpepucul_1/Tes. Consultado o 17 de junio.
  23. COLLURA, Scott. "The Hobbit Has a Cast". http://uk.movies.ign.com/articles/112/1129839p1.html. Consultado o 22 de octubre de 2010.
  24. VEJVODA, Jim. "TV's Jekyll Joins The Hobbit". http://uk.movies.ign.com/articles/113/1131545p1.html. Consultado o 3 de noviembre de 2010.
  25. FERNÁNDEZ, Joaquín R.. "Ian McKellen y Andy Serkis, confirmados para los films basados en El hobbit". http://noticias.labutaca.net/2011/01/11/ian-mckellen-y-andy-serkis-confirmados-para-los-films-basados-en-el-hobbit/. Consultado o 12 de enero de 2011.
  26. "Saruman también repetirá en El hobbit". http://www.europapress.es/cultura/cine-00128/noticia-saruman-tambien-repetira-hobbit-20110113110634.html. Consultado o 14 de enero de 2011.
  27. "Casting News!". http://www.facebook.com/notes/peter-jackson/casting-news/10150239464391558. Consultado o 6 de mayo de 2011.
  28. "Confirmado: Legolas estará en El Hobbit". http://www.fantasymundo.com/noticias/18075/confirmado_legolas_estara_hobbit. Consultado o 29 de mayo.
  29. "Evangeline Lilly, Kate en 'Perdidos', será una elfa en 'El Hobbit'". http://www.elmundo.es/elmundo/2011/06/20/television/1308566973.html. Consultado o 20 de junio.
  30. "Arranca por fin el rodaje de El hobbit tras años de retrasos". http://entretenimiento.terra.com.pe/cine/arranca-por-fin-el-rodaje-de-el-hobbit-tras-anos-de-retrasos,75b7d2e33e5de210VgnVCM3000009af154d0RCRD.html. Consultado o 21 de marzo de 2011.
  31. "Peter Jackson comienza el rodaje de 'El Hobbit' en Nueva Zelanda". http://www.20minutos.es/noticia/994886/0/peter/jackson/hobbit/. Consultado o 21 de marzo de 2011.
  32. "Peter Jackson termina de rodar “El Hobbit”". http://www.cinepolisnews.com/2012/07/06/peter-jackson-termina-de-rodar-el-hobbit/. Consultado o 6 de julio de 2012.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]