The Hellacopters
| The Hellacopters | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Estocolmo, Suecia |
| Período | 1994 - 2008 |
| Xénero(s) | garage rock, garage punk, garage rock revival, punk rock, hard rock, powerpop |
| Selo(s) discográfico(s) | Man's Ruin, Sub Pop, Universal, Gearhead, White Jazz |
| Membros | Nicke Royale Jens Robert Dahlqvist Kenny Håkansson Matz Robert Eriksson Anders |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.hellacopters.com |
The Hellacopters foi unha banda sueca de garage rock formada en 1994 por Nicke Andersson (voces e guitarra), Dregen (guitarra), Kenny Håkansson (baixo) e Robban Eriksson (batería). Despois de editar o seu álbum de debut en 1996 a banda recrutou a Anders Lindström (piano e órgano) e ao pouco tempo actuarían de teloneiros para Kiss. Dregen deixou a banda despois do lanzamento do seu segundo traballo para centrarse na súa outra banda, Backyard Babies, e coa axuda de Mattias Hellberg e Danne Andersson o grupo rematou a xira de presentación do álbum antes de gravar o terceiro disco. Despois da gravación de Grande Rock en 1998 Robert Dahlqvist foi contratado como reemprazo de Dregen na guitarra. A banda editou outros tres álbums con material propio e un máis de versións antes de anunciar a súa separación en outubro do ano 2008 despois dunha xira por Europa e da edicióndun disco dobre en directo. The Hellacoopters foi, xunto con The Hives, unha das máis importantes bandas suecas de garage rock revival e unha das máis influentes bandas do país.
Índice |
Discografía [editar]
Álbums [editar]
- Supershitty to the Max! - 1996 (White Jazz Records & Toy's Factory)
- Payin' the Dues - 1997 (White Jazz Records & Toy's Factory)
- Grande Rock - 1999 (White Jazz Records & Toy's Factory)
- High Visibility - 2000 (Polar/Universal/Led Recordings & Sweet Nothing Records)
- By the Grace of God - 2002 (Universal/Liquor And Poker Music)
- Rock & Roll is Dead - 2005 (Universal/Wild Kingdom/Liquor And Poker Music)
- Head Off - 2008
Recompilatorios [editar]
- Cream Of The Crap vol. 1 - 2002
- Hellacopters 12" - 2002
- Cream Of The Crap vol. 2 - 2004
- Air Raid Serenades - 2006