The Go-Betweens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Go-Betweens
Orixe Brisbane, Australia Flag of Australia.svg
Período 1977 – 1989
2000 – 2006
Xénero(s) indie rock, jangle pop
Selo(s) discográfico(s) Able, Missing Link, Rough Trade, True Tone, Beggars Banquet, Postcard, Capitol, LO-MAX
Web oficial http://www.go-betweens.net/


The Go-Betweens foi unha banda de indie rock formada en Brisbane, Australia en 1977 polos cantantes, compositores e guitarristas Robert Forster e Grant McLennan. Posteriormente uníronselles Lindy Morrison na batería, Robert Vickers no baixo e Amanda Brown no violín, oboe, guitarra e coros, antes de separarse a finais de 1989. Forster e McLennan reformaron a banda no ano 2000 cunha nova formación. McLennan morrería o 6 de maio do 2006 dun ataque ao corazón e The Go-Betweens desfaríase novamente.

En 1988, "Streets of Your Town", o primeiro sinxelo do álbum 16 Lovers Lane, convertiríase no maior éxito da banda nas listas australianas e británicas. O seguinte sinxelo, "Was There Anything I Could Do?", sería número 16 na Billboard Modern Rock Tracks estadounidense. En maio do 2001, "Cattle and Cane", do álbum de 1983 Before Hollywood, foi escollida pola Australasian Performing Right Association (APRA) como unha das 30 mellores cancións australianas de todos os tempos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]