The Ghost Writer
| The Ghost Writer | |
|---|---|
| Título orixinal | The Ghost Writer |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Roman Polanski |
| Produtor | Roman Polanski Robert Benmussa Alain Sarde |
| Guión | Robert Harris Roman Polanski |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Ewan McGregor Pierce Brosnan Kim Cattrall Olivia Williams James Belushi Timothy Hutton Eli Wallach Tom Wilkinson Robert Pugh |
| Música | Alexandre Desplat |
| Fotografía | Pawel Edelman |
| Montaxe | Hervé de Luze |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Summit Entertainment (EEUU) Optimum Releasing (RU) |
| Ano | 2010 |
| Duración | 128 minutos |
| País | |
| Xénero | Thriller |
| Orzamento | $45.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The Ghost Writer (O escritor pantasma) é un filme de coprodución franco-xermano-británica dirixido polo director de cine polonés nacionalizado francés Roman Polanski e baseado na novela de Robert Harris O poder na sombra. Polanski obtivo por esta película o Oso de prata ao mellor director no Festival Internacional de Cine de Berlín do 2010.
Índice |
Argumento[editar]
Un escritor (Ewan McGregor) é contratado por un ex-primeiro ministro británico (Pierce Brosnan), trala morte en estrañas circunstancias do seu predecesor, para que lle escriba as súas memorias, no momento en que o político é acusado polo Tribunal Internacional de Xustiza de amparar detencións ilegais de sospeitosos de terrorismo e a súa posterior entrega á CIA. Empeza nese momento unha perigosa investigación na que o escritor pon en perigo a súa propia vida e a través da cal Polanski aproveita para diseccionar a guerra do Iraq dende unha óptica diferente, incidindo nas súas relacións con opacos movementos políticos que se remontan sorprendentemente atrás no tempo e que deslexitiman as democracias europeas convencionais.
Personaxes[editar]
- Ewan McGregor como O escritor fantasma
- Pierce Brosnan como Adam Lang
- Olivia Williams como Ruth Lang
- Kim Cattrall como Amelia Bly
- Timothy Hutton como Sidney Kroll
- Tom Wilkinson como Paul Emmett
- Jon Bernthal como Rick Ricardelli
- James Belushi como John Maddox
- Robert Pugh como Richard Rycart
- Tim Preece como Roy
- David Rintoul como O estraño
- Eli Wallach como O home vello
Notas[editar]
- ↑ "The Ghost Writer (2010)". Box Office Mojo. http://boxofficemojo.com/movies/?id=theghostwriter.htm. Consultado o 28 de marzo, 2012.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha técnica da película en www.labutaca.net (en castelán)
- Crítica de José Arce en www.labutaca.net (en castelán)