The Garden of the Gods

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Garden of the Gods
Autor Gerald Durrell
País Reino Unido
Lingua inglés
Tema(s) Saga da vida de Gerald Durrell en Corfú
Xénero(s) Novela autobiográfica
Editorial William Collins Sons & Co. Ltd
Data de pub. 1978
Precedido por My Family and Other Animals (1956)
Birds, Beasts, and Relatives (1969)


The Garden of the Gods ("O xardín dos deuses") é unha novela autobiográfica do naturalista Gerald Durrell, publicada en 1978. Conta as súas vivencias na illa grega de Corfú na súa infancia, entre 1935 e 1939. Describe a vida da familia Durrell na illa dun xeito humorístico, ao tempo que fala da fauna da rexión. É a terceira parte da súa triloxía de Corfú, iniciada con My Family and Other Animals (1956) e Birds, Beasts, and Relatives (1969).

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Ao igual que os dous libros anteriores da triloxía, relátanse de forma humorística os eventos vividos en Corfú entre 1935 e 1939 por Gerald (que tiña entre 10 e 15 anos), a súa nai Louisa Florence Durrell, e os seus irmáns Larry, Leslie e Margo.

Como nos dous primeiros volumes da triloxía de Corfú, o libro está cheo de descricións das exploracións pola illa na procura de fauna local, e as aventuras e peripecias vividas pola familia xunto con outros personaxes secundarios como Spiro (o taxista e amigo grego), Teo Stephanides (amigo da familia, médico, poeta e naturalista) e o señor Kralefsky (titor de Gerald). Amais, aparecen novos personaxes como Lumis Bean, Harry Bunny, o príncipe Jeejeebuoy e a condesa Rossignol.