O castelo encantado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Enchanted Castle»)

O castelo encantado
Título orixinalThe Enchanted Castle
Autor/aEdith Nesbit
Ilustrador/aH. R. Millar (1907)
Cecil Leslie (1964)
Paul O. Zelinsky (1992)
OrixeReino Unido
Linguainglés
Xénero(s)Literatura fantástica, literatura infantil e xuvenil
EditorialUnwin
Data de pub.1907
editar datos en Wikidata ]

O castelo encantado (en inglés "The Enchanted Castle") é unha novela de literatura fantástica destinada ao público infantil, escrita por Edith Nesbit e publicada por vez primeira en 1907. Apareceu en tradución galega de Clara Bao en 2021 na editorial Galaxia.

Trama[editar | editar a fonte]

O castelo encantado que se menciona no propio título atópase nunha eira localizada na zona suroeste de Inglaterra, coñecida como West Country, que é descrita a través dos ollos de tres irmáns, chamados Gerald, James e Kathleen, quen o descobren mentres exploran durante as súas vacacións, tras o remate do curso escolar. O lago, arboredos e estatuas de mármore, con torres brancas e torres ao lonxe, crean un ambiente de conto de fadas, e alí, no medio do labirinto que forma o roseiral, os pícaros atopan unha princesa de conto de fadas dormente, quen lles fala polo miúdo da maxia que contén o castelo, amosándolles os tesouros deste, entre os cales se inclúe un anel, o anel de invisibilidade. Mais axiña os cativos han descubrir que o anel ten outros moitos poderes.

Narración[editar | editar a fonte]

The Enchanted Castle foi escrito tanto para rapaces coma para lectores adultos. Así, combina descricións do xogos infantís, que evoca outra obra da propia autora, The Story of the Treasure Seekers, cunha maxia máis coitadiña, lonxe da que Nesbit expón noutros títulos esenciais coma The Story of the Amulet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]