The Eagle
| A Águia | |
|---|---|
| Título orixinal | The Eagle |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Kevin Macdonald |
| Produtor | Duncan Kenworthy |
| Guión | Jeremy Brock |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Channing Tatum Jamie Bell Mark Strong Donald Sutherland Denis O'Hare Tahar Rahim |
| Música | Atli Örvarsson |
| Fotografía | Anthony Dod Mantle |
| Montaxe | Justine Wright |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Focus Features (USA) Universal Pictures (RU) |
| Ano | 2011 |
| Duración | 114 minutos |
| País | |
| Xénero | Aventuras, Roma Antiga |
| Orzamento | $25.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The Eagle é unha longametraxe de xénero épico, dirixida por Kevin Macdonald que foi estrada no 2011. Adaptada por Jeremy Brock dende a novela de aventuras de Rosemary Sutcliff The Eagle of the Ninth (1954),o filme conta a historia dun xove oficial romano que busca recuperar o Estandarte Romano da Aguia que a lexión do seu pai perdeu no norte de Gran Bretaña. A historia está baseada no feito histórico da desaparición da Legio IX Hispana no norte de Escocia no ano 117.
Índice |
Argumento [editar]
Século II d.C. O lexionario romano Marcus Aquila (Channing Tatum) e o seu escravo celta Esca (Jamie Bell) emprenden a busca da Novena Lexión, que desapareceu vinte anos antes nalgunha parte do Norte de Escocia e á cuxa fronte atopábase un xeneral que resulta ser o pai do lexionario Aquila.
Personaxes [editar]
- Channing Tatum como Marcus Aquila
- Jamie Bell como Esca
- Donald Sutherland como tío de Marcus
- Mark Strong como Guern
- Tahar Rahim como Príncipe do pobo do mar
- Denis O'Hare como Lutorius
- Douglas Henshall como Cradoc
Produción [editar]
Macdonald tentou facer o filme o máis fiel históricamente, pero o certo é que na rodaxe a xente das tribos fala gaélico escocés, cando esta lingua probablemente non se espallou na rexión ata o século V; polo que a lingua picta é probablemente a empregada por eses pobos.
Na actualidade só o 1% dos escoceses fala gaélico, limitando os posibles actores a 60,000 persoas. En agosto do 2009, bastantes rapaces gaélico falantes fixeron audicións para o papel do rapaz da xente do mar, pero sen éxito, polo que Macdonald organizou outra audición en Glasgow para o papel, que lle foi dado a Thomas Henry, de Newbarnsley, Belfast, o cal foi educado en gaélico irlandés.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha en Filmaffity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)