The Day of the Jackal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chacal
Título orixinal The Day of the Jackal
Autor Frederick Forsyth
País Reino Unido
Lingua Inglés
Editorial Hutchinson
Data de pub. 7 de xuño de 1971
Páxinas 358
ISBN ISBN 0-09-107390-1 (Primeira edición)

The Day of the Jackal (1971) é unha novela de suspense escrita polo novelista británico Frederick Forsyth, publicada en 1971, que trata sobre un asasino profesional que é contratado polo grupo terrorista francés OAS a comezos da década de 1960, para matar a Charles de Gaulle, o presidente de Francia.

É unha novela do xénero de espionaxe de ficción, alabada pola descrición realista que fai da Francia en 1963, e por unha trama coidadosamente elaborada. Recibiu críticas e comentarios moi positivos cando se publicou incialmente en 1971, e premiouse en 1972 co Premio Edgar á mellor novela, outorgado pola Mystery Writers of America.

Tal como se relata na novela, a OAS existiu e foi liderada por Jean-Marie Bastien-Thiry, un oficial veterano da Guerra de Independencia de Alxeria. Empeza cunha detallada descrición do atentado contra a vida de De Gaulle, o fusilamento de Bastien-Thiry, e o resto da trama é ficción.

A historia segue os traballos dun asasino eficiente e incansable, mentres se prepara para eliminar a De Gaulle; e tamén os traballos dun detective francés igualmente profesional, aínda que moi presionado, ao que se lle asigna a tarefa de identificar e deter ao asasino con discreción.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia parte do feito real, o intento de asesinato do daquela presidente Charles de Gaulle, cometido por un comando do grupo terrorista OAS, a captura do xefe destes e o fusilamiento dun dos líderes da organización. A partir de aquí, o escritor desenvolve a súa ficción.

A OAS, acosada pola policía francesa, agóchase no extranxeiro, e decide contratar a un asasino profesional que di chamarse Chacal, para que mate ao presidente, para vingarse da morte do seu líder e dar un golpe de efecto en favor da causa. Tres eran os candidatos para contratar e finalmente o británico Chacal foi o escolleito. Durante toda a novela non se revela a identidade deste frío e despiadado asasino.

Chacal vai esquivando o cerco que a policía francesa vai exercendo sobre el, mais será capaz de evitalo até o último momento, cando dispara contra de Gaulle. De forma casual, no momento do disparo, o presidente abáixase para bicar nas meixelas, ao estilo francés, a un veterano de pequena estatura condecorado, e a bala non dá no obxectivo, o que permitará que se descubra e que acabe tiroteado, aínda que hai a dúbida final de se morreu el ou non.

Versións cinematográficas[editar | editar a fonte]

O notable éxito da novela fixo que non tardara en realizarse unha película, dirixida por Fred Zinnemann en 1973. O personaxe principal do asasino foi feito por Edward Fox. A película amosa as páxinas que imaxinara Forsyth para a súa novela e pon ao espectador na pel do asasino que intenta matar ao presidente da república francesa.

The jackal: Chacal é unha produción estadounidense, de 1997, mais non está inspirada na novela orixinal, senón na versión cinematográfica anterior de 1973. Foi realizada por Michael Caton-Jones, con Bruce Willis no papel do asasino, aínda que nesta ocasión, o obxectivo non era o presidente de Francia, senón a dona do presidente dos Estados Unidos. O punto de vista da película non é a do asasino, como ocorría na versión anterior, máis fiel á novela, senón a dun prisioneiro pertencente ao IRA que o FBI utiliza para buscar o asasino. Este papel foi interpretado por Richard Gere. Tamén existe nesta versión a interpretación de Sidney Poitier.

A película The Assignment (1997) do director Christian Duguay, non está inspirada na novela Chacal, senón no terrorista venezolano coñecido como Carlos "el Chacal", e nesta ocasión, o asasino está interpretado por Aidan Quinn, acompañado de Donald Sutherland e Ben Kingsley.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]