The Colour of Magic
| The Colour of Magic | ||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||||
|
- Este artigo trata sobre o libro, para a película véxase The Colour of Magic (filme).
The Colour of Magic é unha novela de 1983 escrita por Terry Pratchett, e que constitúe o primeiro libro da serie Discworld.
Resumo [editar]
O personaxe principal é un mago incompetente e cínico chamado Rincewind. Involuntariamente faise guía do turista Twoflower, personaxe co que o autor parodia ó típico turista con bermudas e camisa hawaiana que saca fotos constantemente e disfruta das cousas cotiás que pasan desapercibidas para os lugareños. Ambos escapan da cidade de Ankh-Morpork por culpa dun incendio terrible, causado indirectamente por Twoflower, comezando unha viaxe a través do Discworld. Sen eles sabelo, a súa viaxe é controlada polos Deuses que xogan un xogo de mesa (que é o seu xogo preferido e consiste en poñerlles obstáculos ou axudarlles).
Na súa aventura visitan Wyrmberg, onde unha montaña ó revés é a casa dos dragóns que só existen debido a alta concentración de maxia existente na zona, xa que o afastarse da montaña estes desaparecen. Ó escapar dos dragóns sofren un accidente polo que acaban no Borde do Discworld (que é unha cascada que rodea todo o mundo) son rescatados polos habitantes do país de Krull, unha cidade colocada sobre o mesmísimo Borde que vive do que é arrastrado cara a cascada.
O desexo dos krulianos é descubrir o xénero da Gran A'Tuin, a tartaruga xigantesca que leva o Discworld polo espazo. Para iso construíron unha cápsula espacial para lanzar sobre o borde e propoñen sacrificar a Rincewind e a Twoflower para conseguir a sorriso do Destino para ter boa sorte na misión de descubrilo sexo da tartaruga. En cambio , Rincewind e Twoflower secuestran a cápsula nunha tentativa de escaparse e acábanse proxectados fóra do Discworld eles sós.
A historia é seguida pola novela The Light Fantastic.