The Archies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Archies constituíu un grupo musical ficticio desenvolvido a partir da serie de animación norteamericana The Archie Show, emitida a finais dos anos 60 do século XX e á súa vez baseada na serie de banda deseñada Archie Comics creada por John Goldwater e Bob Montana en 1941.

Características[editar | editar a fonte]

Inicialmente compuñan a banda os personaxes de Archie Andrews e Reggie Mantle na guitarra e Jughead Jones na batería, mais logo tamén a integraron Betty Copper na pandeireta e Veronica Lodge no teclado electrónico.

As cancións graváronas realmente músicos de estudio con Ron Dante como cantante principal, publicándose varios sinxelos e álbums entre 1968 e 1972, o grande éxito da banda foi o tema Sugar, Sugar que chegou ata o número un nas listas dos máis escoitados en varios países.