The 5.6.7.8's
| The 5,6,7,8's | |
|---|---|
Concerto en Lille, maio de 2004 |
|
| Información | |
| Orixe | Tokio, Xapón |
| Período | 1986 - actualidade |
| Xénero(s) | garage punk garage rock, surf rock, rockabilly |
| Selo(s) discográfico(s) | Rockville, SFT, Au-Go-Go, Bomba, Hara |
| Membros | Yoshiko Fujiyama, Sachiko Fujii, Akiko Omo |
| Antigos membros | |
| Web oficial | Páxina oficial |
The 5.6.7.8’s é un trío de mulleres xaponesas que tocan Garage rock, e a súa música ten reminiscencias da música surf americana. Todos os membro do grupo son de Tokio, Xapón. O grupo se chama así porque elas tocan musica con reminiscencias do rock dos anos 50, 60, 70 e 80. Frecuentemente interpretan cancións do rock and roll americano.
The 5.6.7.8’s comezaron actuando como un cuarteto en Tokío e foron recrutando moitos interpretes invitados durante a súa xira por Australia, onde incluso recrutaron a un membro home, "Eddie". Convertéronse oficialmente nun trío en 1992.
The 5.6.7.8’s fixeron unha breve aparición no filme de 2003 de Quentin Tarantino "Kill Bill Volume 1", onde se lles ve tocando descalzas nunha izakaya.
Membros [editar]
The 5.6.7.8’s foi formada en 1986 por Sachiko e Yoshiko “Ronnie” Fujiyama, dúas irmás de Tokio que compartían a pasión polo rock and roll e outros dous membros. Orixinalmente, a banda consistía en Yoshiko como cantante e guitarra, "Rico" na segunda guitarra, "Yoshie" no baixo e Sachiko na batería. Despois de varios cambios na formación (incluíndo o baixista Yoshiko Yamaguchi, quen aparece no filme "Kill Bill"), a banda converteuse nun trío trala saída de Rico e Yoshie. Yoshiko e Sachiko son aínda os principais compoñentes da banda, e agora Akiko Omo reincorporase a banda como baixista (orixinalmente uniuse a The 5.6.7.8’s a principios de 1990).
Aínda que o grupo canta a maioría das súas canción en xaponés, fan moitas versións de cancións de rock and roll americano. Sen embargo, a súa páxina oficial e a maioría das páxinas de fans son en xaponés, xa que teñen un grande numero de seguidores en Xapón e teñen incontables concertos no seu pais de orixe.
Discografía [editar]
- Can't Help It! (1991)
- The 5.6.7.8's (1994)
- Bomb The Twist (1996)
- Pin Heel Stomp (1997)
- Teenage Mojo Workout (2002)
- Bomb The Rocks: Early Days Singles (2003)
- Golden Hits Of The 5.6.7.8's (2003)
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)
- Perfil en Nippop (en inglés)
|
|||||||||||||||||