Thalassornis leuconotus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thalassornis leuconotus
White-backed Duck RWD2.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Thalassorninae /
Dendrocygninae
Xénero: Thalassornis
Eyton, 1838
Especie: T. leuconotus
Nome binomial
Thalassornis leuconotus
Eyton, 1838
Subespecies
  • T. l. leuconotus - (subespecie africana)
  • T. l. insularis - (subespecie de Madagascar)

Thalassornis leuconotus é unha especie de ave da orde dos anseriformes e familia dos anátidos, que é o único membro do xénero Thalassornis.

É diferente de todos os demais patos, e está estreitamente relacionado cos patos asubiadores (como se denominan en castelán e en inglés) dos cca da subfamilia dos dendrocigninos, aínda que tamén ten similitude cos patos da subfamilia dos oxiurinos.

Ás veces considérase que forma parte da subfamilia dos talasorninos (Thalassorninae) (sendo o seu único membro), mentrrs que outras clasificacións [1] inclúen esta especie na subfamilia dos dendrocigninos.

Este pato, que mide entre 38 e 40 cm, é un bo mergullador, e pode permanecer baixo a augua durante máis de un minuto.

Alinéntase sobre todo de ninfas de insectos.

Esta especie vive en África, especialmente entre Senegal e o Chad, no oeste, e máis en Etiopía e na África austral, no leste.

O seu hábitat constitúeno os lagos, estanques e encoros, onde se pode camuflar ben contra os seus depredadores, as aves rapaces.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thalassornis leuconotus Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Thalassornis leuconotus

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona (España):Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]