Théodore Barrière
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Théodore Barrière, nado en París en 1823 e finado en 1877, foi un dramaturgo francés.
Traxectoria [editar]
Pertencía a unha familia de gravadores de mapas que traballaban para o ministerio da guerra, e Théodore vai traballar niso durante nove anos, pero o éxito dun vodevil que entrou no repertorio do Palacio Real, fixo que se dedicase a escribir arredor dun cento de obras teatrais con grande éxito.
Obras [editar]
- La Vie de bohème (1849)
- Manon Lescaut (1851)
- Les Filles de marbre (1853)
- L’Héritage de Monsieur Plumet (1858)
- Les Faux Bonshommes (1856)
- Malheureux vaincus (1865), prohibida pola censura
- Le Gascon (1878).