Teófilo Braga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teófilo Braga
Nome completoJoaquim Teófilo Fernandes Braga
Nacemento24 de febreiro de 1843 e 1843
Lugar de nacementoPonta Delgada
Falecemento28 de xaneiro de 1924 e 1924
Lugar de falecementoLisboa
SoterradoIgreja de Santa Engrácia
NacionalidadePortugal e Reino de Portugal
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade de Coimbra
Ocupaciónantropólogo, político, dramaturgo, filósofo, profesor universitario, poeta e escritor
Coñecido porBocage: his life and literary epoch
PremiosOrdem Militar da Torre e Espada e Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes
Na rede
WikiTree: Braga-62 Find a Grave: 13107289 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joaquim Teófilo Fernandes Braga, nado en Ponta Delgada o 24 de febreiro de 1843 e finado en Lisboa o 28 de xaneiro de 1924, foi un político, escritor e ensaísta portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estreouse na literatura en 1859 con Folhas Verdes. Licenciado en Dereito pola Universidade de Coímbra, establécese en Lisboa en 1872, onde dá clases de Literatura no Curso Superior de Letras. Entre a súa carreira literaria cóntanse obras de historia literaria, etnografía (nas que destacan as súas escolmas de contos e cancións tradicionais), poesía, ficción e filosofía.

Comeza a súa actividade política en 1878, cando concorre ás eleccións como candidato a deputado polos republicanos federalistas. Exerce varios cargos destacados nas estruturas do Partido Republicano Portugués. O 1 de xaneiro de 1910 convértese en membro efectivo do directorio político xunto con Basílio Teles, Eusébio Lleãou, José Cupertino Ribeiro e José Relvas.

O 28 de agosto de 1910 é elixido deputado por Lisboa, e en outubro do mesmo ano convértese en presidente do Goberno Provisional. A súa carreira política remata tras exercer por breve tempo o cargo de presidente da República, en substitución de Manuel de Arriaga, entre o 29 de maio e o 4 de agosto de 1915.

Obras[editar | editar a fonte]

Teófilo Braga (1882)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Visão dos Tempos (1864)
  • Tempestades Sonoras (1864)
  • Torrentes (1869)
  • Miragens Seculares (1884)

Ficción[editar | editar a fonte]

  • Contos Fantásticos (1865)
  • Viriato (1904)

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • As Teorías Literárias -­ Relance sobre o Estado Actual da Literatura Portuguesa (1865)
  • História da Poesia Moderna em Portugal (1869)
  • História da Literatura Portuguesa (Introdução) (1870)
  • História do Teatro Português (1870 - 1871) - en 4 volúmenes
  • Teoría da História da Literatura Portuguesa (1872)
  • Manual da História da Literatura Portuguesa (1875)
  • Bocage, sua Vida e Época (1877)
  • Parnaso Português Moderno (1877)
  • Traços gerais da Filosofia Positiva (1877)

Antoloxías e escolmas[editar | editar a fonte]

  • Antologías: Cancioneiro Popular (1867)
  • Contos Tradicionais do Povo Portugês (1883)
Predecesor:
Manuel II
Xefe de Estado de Portugal
1910 - 1911
Sucesor:
Manuel de Arriaga
Predecesor:
Manuel de Arriaga
Presidente da República Portuguesa
1915
Sucesor:
Bernardino Machado