Teverga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teverga
Escudo de Teverga.svg Flag of teverga.png
Situación xeográfica
Teberga Asturies map.svg
Estado: España
Comunidade Autónoma: Flag of Asturias.svg Asturias
Comarca: Oviedo
Partido xudicial: Grado
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie: 168,86 km²
Poboación
Poboación total: 1.933 hab. (2009)
Densidade de poboación: 11,47 hab./km²
Xentilicio: tevergano
Información
Código postal: 33111
Alcalde: María Carmen Fernández Alonso (PSOE)
Sitio na web: http://www.aytoteverga.org/

Teverga (en asturiano: Teberga) é un concello do sur do Principado de Asturias, en España.

Limita ao norte con Belmonte de Miranda, Grado, Yernes y Tameza e Proaza; ao sur coa provincia de León, ao oeste con Somiedo e ao leste con Quirós e Proaza.

Antigo concello mineiro, actualmente basea a súa economía na agricultura e no emerxente turismo, sobre todo coa recente inauguración do Parque da Prehistoria en terras teverganas. Na súa accidentada xeografía destacan a pena Sobia cunhas impresionantes paredes verticais de pedra calcaria e o Camín Real del Puerto de la Mesa.

Índice

Parroquias [editar]

O concello de Teverga está dividido en 13 parroquias:

  • Alesga
  • Barrio (Barriu en asturiano)
  • Carrea
  • La Focella (La Foceiḷḷa)
  • La Plaza
  • Páramo (Parmu)
  • Riello (Rieḷḷu)
  • Santianes
  • Taja (Taxa)
  • Torce
  • Urria
  • Villamayor (Viḷḷamayor)
  • Villanueva (Viḷḷanueva)

Demografía [editar]

Gráfica de población de Teverga (Asturias)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística de España - Elaboración gráfica por Wikipedia

Sitios de interese [editar]

Colexiata de San Pedro [editar]

Colexiata de San Pedro.

Dentro de todas as obras arquitectónicas do concello, a de maior repercusión é a antiga Colexiata de San Pedro de Teverga. Foi construída antes do ano 1096, e o seu estilo pertence a unha etapa de transición entre o ramirense e o románico de Castela. Posúe un gran patio central, a cuxos lados podemos divisar a casa abacial, a igrexa parroquial, a sancristía e sobre esta a sala capitular. A fachada presenta unha torre campanario cun reloxo. A súa construción está realizada en cantería, e no seu interior gárdanse embalsamados os corpos de Pedro Analso de Miranda, Abade da Colexiata e do seu pai o Primeiro Marqués de Valdecarzana. Tamén sobresae a súa escultura cun importante conxunto de modillóns e unha fermosa decoración de capiteis.

Parque da Prehistoria [editar]

Área de recepción do Parque.

O parque da prehistoria de Teverga está situado á entrada da localidade asturiana de San Salvador de Alesga no concello de Teverga.

Este parque inaugurado o 24 de marzo de 2007 é unha representación das covas máis famosas de arte rupestre do mundo, centrado sobre todo no arco atlántico. Están representadas Altamira, Covalanas, Lascaux, Niaux, Chauvet, Tito Bustillo, Candamo, Covaciella e Llonín.

O parque posúe dúas áreas expositivas: A galería e a Cova de Cuevas. Ambas as instalacións, así como a zona de servizos, que consta de cafetería e tenda, están integradas na paisaxe natural e delas só sobresaen no relevo as entradas, quedando o resto de cada unha das instalacións baixo terra.

Este Parque da Prehistoria de Teverga, representa xunto ao Museo Jurásico de Asturias (MUJA) o expoñente dos novos museos asturianos: modernos, interactivos, dinámicos, enmarcados en paraxes rurais de gran beleza natural, con facilidade de accesos e instalacións suficientes para responderen ás necesidades dos visitantes.

Personaxes ilustres [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: