Tetrahymena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a especie principal do xénero ver Tetrahymena thermophila.

Tetrahymena

Tetrahymena thermophila
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Alveolata
Filo: Ciliophora
Clase: Oligohymenophorea
Orde: Hymenostomatida
Familia: Tetrahymenidae
Xénero: Tetrahymena
Especies

T. hegewischi
T. hyperangularis
T. malaccensis
T. pigmentosa
T. pyriformis
T. thermophila
T. vorax

Tetrahymena é un xénero de protozoos ciliados de vida libre. En certos caos pode tamén adoptar unha forma de vida comensal ou patoxénica; por exemplo, no peixe guppy Tetrahymena pode causar unha doenza mortal[1]. Son comúns en estanques de auga doce. Algunhas especies de Tetrahymena utilízanse como organismos modelo en investigacións biomédicas, como T. thermophila e T. pyriformis.[2] Entre os descubrimentos realizados estudando Tetrahymena salientaremos o da estrutura dos telómeros e a telomerase, o autosplicing do ARN, as primeiras proteínas motoras e a regulación xénica por acetilación das histonas.

Tetrahymena ten dous tipos de núcleos (dimorfismo nuclear), un pequeno (micronúcleo), diploide usado para a reprodución e outro máis grande (macronúcleo) poliploide para o funcionamento da célula. O macronúcleo divídese por amitose e periodicamente debe ser rexenerado a partir do micronúcleo. Ten tamén reprodución por conxugación.

Principais campos da investigación biomédica nos que se usan especies de Tetrahymena como organismo modelo.

As especies do xénero Tertrahymena teñen un tamaño de 30-60 microns e están cubertas completamente por unha ciliatura típica de holotrico. A ciliatura sérvelle para a locomoción e é moi sensible aos estímulos sensoriais. O organismo ten un aparato oral de grande tamaño, comparable ao do paramecio. As catro membranas que ten na zona oral danlle o nome a este xénero (tetra = catro, hymen = membrana); estas catro membranas están situadas a esquerda e dereita, tres membranas de tipo membranela a un lado e unha membrana ondulante no outro. A célula presenta un citoprocto para a excreción de residuos.

β-tubulina en Tetrahymena.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guppy disease - Tetrahymena". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de xuño de 2014. 
  2. Alfred M. Elliott (1973). Biology of Tetrahymena. Dowen, Hutchinson and Ross Inc. ISBN 0-87933-013-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]