Tetradracma
A tetradracma, tamén chamada estátera,[1] era unha antiga moeda grega equivalente a 4 dracmas, e cun peso de 17 gramos aprox. Durante o Imperio romano a tetradracma foi a moeda oficial de Exipto, e era equivalente a un denario.
Historia [editar]
A tetradracma ateniense do século V a. C. foi a moeda de uso máis habitual no mundo grego ata Alexandre o Grande. Figuraba o perfil de Atenea co casco no anverso e un moucho no reverso, de aquí que as tetradracmas se chamasen popularmente glàukai (γλαῦκαι), é dicir, "mouchos". O reverso desta moeda é representado hoxe en día na moeda grega de 1 euro.
Na Persia aqueménida (séculos V ao IV a. C.), as moedas equivalentes, denominadas media estátera, siclo médico ou siglos, levaban gravadas a figura dun arqueiro, as tropas de elite do seu exército, polo que tamén se denominaban arqueiros, facendo referencia a que o poder do Imperio persa estaba baseado tanto na forza como na economía.[2]
Notas [editar]
- ↑ http://www.wikicristiano.org/diccionario-biblico/1903/estater-estatero/
- ↑ Imaxe e referencia numismática dunha destas moedas.