Queixo de Tetilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tetilla")
Queixo de tetilla, entre outros.

O queixo Tetilla é un queixo DO elaborado en Galiza con leite de vaca. Tamén é coñecido como queixo de Illana, por celebrarse a feira máis importante no lugar da Illana (Fisteus, Curtis).

Produción[editar | editar a fonte]

O queixo Tetilla elabórase en todo o territorio galego, con leite das razas Frisoa, Pardo Alpina e Rubia galega, procedente exclusivamente de ganderías establecidas na zona de produción e controladas polo Consello Regulador.

Ao remate da súa maduración o queixo Tetilla ten un peso de 0,5 a 1,5 kg, con forma cónica cóncava-convexa (recibe o seu nome polo parecido cun peito feminino. O tamaño da altura debe ser superior ao radio da base e inferior ao diámetro (altura de entre 90 e 150 mm, base de entre 90 e 150 mm de diámetro).

Produto protexido[editar | editar a fonte]

Queixos DOP Tetilla

A D.O.P. Queixo Tetilla ampara o queixo elaborado con leite de vaca das razas Frisoa, Pardo Alpina e Rubia galega.

O leite destinado á súa elaboración debe ser o produto natural e íntegro do muxido de vacas sas que non conteñan costros, conservadores ou produtos medicamentosos.

O Queixo Tetilla é o resultado dunha maduración ou fermentación que comeza no mesmo leite nada máis muxido e segue a través da coagulación e transformacións químicas que definen o produto e que son a consecuencia da simbiose vaca-contorno e da capacidade de transmitir na devandita síntese a súa identidade. É interesante subliñar a influencia das razas salientadas, perfectamente adaptadas ao medio, como unha das causas definitorias da obtención do Queixo Tetilla.

As pezas (entre 0,5 e 1,5 Kg) van provistas de etiqueta, onde se fai referencia á súa condición de Denominación de Orixe Protexida e con contraetiqueta numerada de control do Consello Regulador.

Características[editar | editar a fonte]

O queixo amparado pola D.O.P. Queixo Tetilla, que se caracteriza pola súa forma cónica ou cónica-convexa; presenta unha codia apreciable, fina e elástica, de menos de 3 mm de espesor, de cor amarela de palla, natural e sen mofos. A pasta é branda, cremosa e uniforme, con poucos ollos e regularmente repartidos, de cor branca-marfil, amarela. O seu aroma, suave e lixeiramente ácido, lembra á materia prima, ao igual que o seu sabor lácteo, de manteiga, lixeiramente ácida e con salgado suave. O período mínimo de maduración é de 7 días dende a súa saída de salmoira.

Ao remate da maduración, o Queixo Tetilla con D.O.P. presenta un contido sobre extracto seco de materia graxa non inferior ao 45%.

Regulamentación[editar | editar a fonte]

  • Denominación de Orixe recoñecida pola Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 18 de marzo de 1992 (DOG 1.04.92)
  • Regulamento aprobado pola Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 18 de xuño de 1993, e ratificado pola Orde do MAPA do 24 de novembro de 1993 (BOE 25.12.93)
  • Rexistrada como Denominación de Orixe Protexida polo Regulamento (CE) 1107/96, da Comisión, do 17 de xuño de 1996 (DOCE 21.6.96).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]