Teté Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeté Delgado

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora , presentadora de televisión , xornalista , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0217080 Editar o valor em Wikidata

María Teresa Delgado Criado, máis coñecida como Teté Delgado, nada en Ferrol o 28 de xuño de 1965, é unha actriz, cantante e presentadora galega. É vocalista do grupo Teté y los Ciclones.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou numerosos traballos como actriz e presentadora tanto dentro como fóra de Galicia.

A popularidade chegoulle co seu papel na serie El Súper, emitida por Telecinco. Desde aquela non parou de traballar en teatro e, sobre todo, en televisión. As súas aparicións en cinema foron máis limitadas, con papeis pequenos, aínda que si foi protagonista de varias curtametraxes.

Colaborou como xurado no programa de TVE ¡Mira quién baila!, ademais de protagonizar xunto a Luis Merlo a obra teatral Gorda, entre 2005 e 2007.

O seu seguinte proxecto foi Ellas y el sexo débil, serie estrelada por Ana Obregón durante o outono de 2007 para a Antena 3. Ese mesmo ano regresou con éxito á TVG, como presentadora do concurso musical Son de estrelas, que tivo unha boa acollida por parte do público.

Entre 2009 e 2011 foi protagonista xunto a Pepe Viyuela e Asunción Balaguer da versión teatral de El pisito, a partir dun guión de Rafael Azcona.

Actualmente é cantante de Teté y los Ciclones. Anteriormente tivo un grupo de rock que se chamaba Teté y los Supremos.

Filmes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Como actriz[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Como colaboradora[editar | editar a fonte]

Como presentadora[editar | editar a fonte]

Teté Delgado de pregoeira na Festa do Choco de Redondela.

Como concursante[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2008 Mellor comunicador Son de estrelas Nomeada
2009 Mellor actriz secundaria Gordos Nomeada