Territorio da Baía Jervis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Territorio da Baía Jervis (inglés: Jervis Bay Territory) é un territorio de Australia. Foi adquirido polo goberno ao estado de Nova Gales do Sur en 1915 para que a capital federal de Canberra tivese acceso ao mar. Formou parte do Territorio da Capital Australiana ata 1989, ano en que esta obtivo autogoberno, logo do cal converteuse nun territorio separado administrado polo Ministro para os Territorios (Minister for Territories). Con todo, segue formando parte de Canberra no que atinxe aos asuntos electorais federais. A capital é Sussex Inlet.

A bandeira do Territorio da Baía Jervis.

A Baía Jervis leva o nome do almirante británico John Jervis, primeiro conde de St Vincent.