Terremoto de Virxinia de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epicentro do sismo.
Danos na embaixada de Ecuador en Washington D. C..

O Terremoto de Virxinia de 2011 foi un sismo de magnitude 5.8 na escala de Richter que ocorreu no estado estadounidense de Virxinia o 23 de agosto de 2011 á 1:51 PM EDT (17:51 UTC).[1] O epicentro foi localizado a 60 quilómetros ao noroeste de Richmond e a 8 quilómetros desde a localidade de Mineral, segundo o Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos (USGS). O sismo ocorreu ao longo da Falla de Spotsylvania, unha antiga falla situada no medio da placa norteamericana. Catro réplicas de magnitudes 2.8, 2.2, 4.2 e 3.4 sucedéronse nas seguintes doce horas causando gran temor.

O sismo (xunto co terremoto de 1944 de intensidade 5.8 na fronteira do estado de Nova York e Ontario) foi o máis forte ao leste do río Mississippi en 114 anos,[2][3] desde 1897 cando a rexión foi sacudida por un terremoto centrado no condado de Giles (cunha magnitude estimada en 5.9 segundo a USGS[4] ou magnitude 5.8 o USGS Professional Paper e o departamento de xeoloxía de Virginia Tech).[5]

O Pentágono foi evacuado momentos logo do terremoto que foi sentido en toda a Costa leste dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Magnitude 5.8 – Virginia". United States Geological Survey (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  2. USGS (ed.). "Largest Earthquakes by State, List of Earthquakes". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  3. USGS (ed.). "Historic United States Earthquakes Sorted by State & Date". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  4. earthquake.usgs.gov (ed.). "Historic Earthquakes". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  5. "SEISMICITY OF THE UNITED STATES, 1568-1989 (REVISED) by Carl W. Stover and Jerry L. Coffman (USGS Professional Paper 1527, 1993, pages 376-378)". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2012.